Domingo 7 de outubro 2018

Axenda

Curtocircuíto. 15º Festival Internacional de Cine

Curtocircuíto. Festival Internacional de Cine, chega á súa edición número 15 con novas retrospectivas, actividades e moitas curtas.

Do 29 de setembro ao 7 de outubro.

Axenda

Semana Europa da Mobilidade (21 setembro-10 outubro)

Compostela celebra a Semana da Mobilidade dende a óptica feminista e coa intención de fomentar o uso da bicicleta.

Do 21 de setembro ao 10 de outubro, en diversos espazos e rúas da cidade.

Axenda

Exposición "A Banda Municipal de Santiago. 170 aniversario"

A mostra divídese en 5 partes que repasan as diferentes etapas da agrupación, unha das máis antigas do panorama nacional.

Ata mediados de novembro, na Casa do Cabido.

Axenda

"Vexo ao meu xeito", exposición na Fundación Granell

Proxecto fotográfico para sensibilizar e visibilizar a discapacidade visual, organizada por Tiresias Galicia.

Do 14 de setembro ao 14 de outubro na Fundación Granell.

Axenda

"Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976", mostra no Auditorio de Galicia

Crónica fotográfica das sete campañas que Francesc Català-Roca realizou en Galicia entre 1956 e 1976.

Do 9 de maio ao 7 de outubro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"O Camiño Urbano, a natureza no km cero"

Resultado do traballo de catro ilustradoras que estiveron en Santiago do 30 de maio ao 3 de xuño debuxando os parques, xardíns e contornas naturais das entradas do Camiño.

Ata o 15 de outubro na Galería Sargadelos

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: