Martes 30 de outubro 2018

Axenda

Exposición "A Banda Municipal de Santiago. 170 aniversario"

A mostra divídese en 5 partes que repasan as diferentes etapas da agrupación, unha das máis antigas do panorama nacional.

Ata mediados de novembro, na Casa do Cabido.

Axenda

Primeiro Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes Kino Galicia

Santiago convértese durante seis días nun lugar de referencia para a creación audiovisual.

Do 29 de outubro ao 3 de novembro, no CGAC.

Axenda

"Territorios de intimidade", mostra no Auditorio de Galicia

A exposición Territorios de intimidade trata non só de seguir poñendo en valor as creadoras galegas que traballaron durante os anos do franquismo, senón achegar novas perspectivas temáticas desde as que analizar as súas obras.

Do 24 de outubro ao 3 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Camiñantes", de Tino Martínez, no Museo das Peregrinacións

Unha mostra do fotógrafo Tino Martínez na que o peregrino deixa de ser por un momento un anónimo camiñante e se converte nun protagonista do Camiño.

Ata o 30 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: