Jueves 29 de junio 2017

Axenda

Balnearia Bibliográfica, mostra no Gaiás

Percorrido polas augas minerais de Galicia, con 150 pezas orixinais relacionadas co mundo das augas termais e minerais a través dos libros.

Do 8 de abril ao 18 de setembro, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Vicente Álvarez de Neira, arquiveiro", exposición na Cidade da Cultura

documentos deste ilustre persoeiro que forman parte do arquivo da familia Pita da Veiga, custodiado no Arquivo de Galicia

Do 9 de xuño ao 17 de setembro, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela", exposición fotográfica sobre a evolución urbana da cidade

Baixo o título Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela, esta exposición de fotografías mostra a evolución da cidade de Santiago, dende as súas orixes ata a actualidade, a través de lugares emblemáticos pertencentes a diferentes épocas históricas. Son un total de 61 instantáneas de 58 autores e autoras diferentes, integrados na Asociación Cultural Fotoforum Compostela. Recolle espazos tan diversos como a necrópole neolítica Chans de Figueiras, o Pazo de Xelmírez, o Pazo de Monroy, a Casa do Deán, o Pazo de Raxoi, a Finca do Espiño, o Pazo de Santa Cruz, a Cidade da Cultura, a dársena da Avenida Xoán XXIII, a Facultade de Ciencias da Comunicación, a estación do tren…

Ata finais de xuño, na Casa do Cabido.

Axenda

Antón Lamazares: "Flor Novoneyra"

O testamento pictórico do pintor que quixo ser poeta. Exposición que reúne a dous grandes da nosa cultura: Antón Lamazares e Uxío Novoneyra.

Ata o 17 de setembro, no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura).

Axenda

Vari Caramés: "Ventá ao insólito"

Vari Caramés é un dos artistas galegos con maior proxección e recoñecemento nacional e internacional. A súa obra fotográfica posúe unhas características estilísticas que identifican con claridade a autoría das pezas, xa que as veladuras nas súas imaxes son unha constante.

Ata o 2 de setembro, no Centro Cultural Afundación.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Santiago con Emilio Rúa

O cantautor ourensán Emilio Rúa acompañará á Banda Municipal de Música de Santiago neste concerto.

O xoves 29 de xuño, ás 20:00 horas, na praza das Praterías

Axenda

TerraZeando: Alto Volta + Me And The Bees

O ciclo TerraZeando trae nesta edición cinco concertos en lugares singulares de Santiago de Compostela. Desta vez, concerto de Alto Volta + Me And The Bees.

O xoves 29 de xuño, ás 20:00 horas, na Finca do Espiño.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.

Durante todo o ano, na Fundación Granell.

Compartir: