Jueves 19 de enero 2017

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Rostros", exposición de retratos realizados por Carlos Maside

O Consorcio promove unha exposición de retratos realizados polo pintor Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus.

Ata mediados de marzo do 2017, na Casa do Cabido.

Axenda

"¡H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade", exposición itinerante na Alameda compostelá

¡H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade é unha mostra itinerante que pretende concienciar sobre o uso deste recurso tan prezado e, a súa vez, tan escaso. A exposición está promovida pola Obra Social "la Caixa" e Viaqua, coa colaboración do Concello de Santiago.

Do 17 de xaneiro ao 22 de febreiro, na Alameda.

Horario: de luns a venres, de 12:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Axenda

Mostra escultórica "Momentos sen tempo", de Antonio Souto

A obra de Antonio Souto desenvólvese fundamentalmente a partir da deformación dunha pel, envoltura, cáscara..., ou como dixo o poeta J.A. Valente "el vacío de todo lo nacido envolvente, materno cómo inmensa morada". A pel é ese territorio que nos conforma, e que debuxa o límite máis ou menos impreciso entre o que nos pasa por dentro e o que sucede fóra.

Do 12 de decembro ao 29 de xaneiro, no Centro Abanca Obra Social.

Axenda

"The observation of trifles", de Carlos Alba, na Zona C

Carlos Alba toma obxectos que atopa nas rúas e utilízaos como unha especie de arqueoloxía visual. A combinación de obxectos con fotografías chega ao espectador dunha maneira física e envolta en misterio.

Ata o 22 de xaneiro, na Zona C de Bonaval.

Axenda

Olga Scheps inaugura no Auditorio o Ciclo de Piano Ángel Brage

A pianista ruso-alemá Olga Scheps será a encargada de inaugurar, nesta nova temporada, o Ciclo de Piano Ángel Brage, no que interpretará obras de Chopin, Satie e Prokofiev.

O xoves 19 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Get Back", de Diego Ameixeiras e con dirección de Jorge Coira, no Principal

Unha comedia cun punto de drama que conta algunhas das historias que esconde a emigración.

Xoves 19, venres 20 e sábado 21 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Compartir: