Sábado 29 de octubre 2016

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de instantáneas en 3D "Compostela, a Terceira Dimensión" na Casa do Cabido

Baixo o título Compostela, a Terceira Dimensión, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en 3D da cidade de Santiago do estereógrafo coruñés Enrique Criado. Esta mostra reúne un total de 35 imaxes representativas do casco histórico compostelán, en particular da Catedral -como final do Camiño- e da súa contorna.

Ata finais de novembro, na Casa do Cabido.

Axenda

Exposición: "Historia do comercio compostelán"

Exposición organizada polo Concello de Santiago sobre o comercio da cidade e os seus establecementos máis emblemáticos.

Ata o 4 de decembro, no Centro Abanca Obra Social.

Axenda

Mostras na Fundación Granell

A Fundacion Eugenio Granell acolle varias exposicións. Unha delas é a titulada Instinto de conservación, unha mostra de carácter didáctico que pretende facer fincapé no concepto de conservación preventiva da man de imaxes da obra de Eugenio Granell e as súas coleccións, arroupado por este espazo envolvente que invita á reflexión. Outras dúas mostras temporais son Eugenio Granell, o encanto de todas as mulleres e Amparo Segarra. Diario fragmentado 2016.

Ata o mes de decembro, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Afirmo que todo funcionará", proxecto expositivo de Jacobo Bugarín, na Zona C

Aquilo que se ve e aquilo que se oculta. Existe un intento de comunicación, unha imposibilidade tamén, que vertebra o proxecto expositivo que propón Jacobo Bugarín para o espazo da Zona C.

Do 14 de outubro ao 20 de novembro, na Zona C.

Axenda

Programación infantil con Apego

O Concello de Santiago unifica toda a súa programación infantil, utilizando o idioma como elemento de conexión.

Durante o outono, en varios espazos da cidade.

Axenda

"Mon élue noire" e "À nos faunes" coa CCN de Roubaix e o Ballet du Nord

O CCN de Roubaix e o Ballet du Nord presentan estas dúas obras dirixidas por Olivier Dubois. O espectáculo faise en colaboración co Institut Français, El Corte Inglés, Orange, PSA Groupe e AirFrance.

O sábado 29 de outubro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Taller Atlántico Contemporáneo

Vox Ballaenae (A voz das baleas), para violonchelo, frauta e piano amplificados, de 1971, está inspirada no canto dunha balea xorobada, que Crumb escoitara nunha gravación. Cada un dos tres intérpretes debe levar un anteface, co que Crumb trata de esconder o elemento humano para resaltar as forzas da natureza; a natureza deshumanizada. Peza dun gran lirismo que trata de despersonalizar ao ser humano fronte a unha natureza primixenia e absoluta, minimizando o papel do ser humano na comunicación entre a natureza e a música. O elemento escénico xoga un papel importante nesta obra, cunha clara intención simbólica por ser unha obra moi ligada a unha mentalidade na que a estética e a creación artística teñen unha implicación moi clara coas actitudes e pensamentos do artista fronte ao mundo.

O sábado 29 de outubro ás 20:30 horas, e o domingo 30 de outubro ás 12:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Liñas Paralelas: Relato curto e música en vivo no CSC de Conxo

Liñas Paralelas é un ciclo que xunta relato breve e música en vivo. As sesións, conducidas polo escritor, actor e músico Pepe Sendón, consistien nunha escolma monográfica de relatos coidadosamente seleccionados, moitos deles traducidos ao galego por vez primeira. En cada xornada faise unha escolla de relatos a partir dun tema determinado, para dar unha mostra das diferentes maneiras de contar. Os relatos van acompañados pola música en directo de Suso Alonso, Alfonso Calvo, Marcos Teira, Nenoescuro e Narf.

Calendario de sesións:
- Relatos imposibles: 7 de outubro, ás 20:00 horas, no CSC de Santa Marta.
- Crimes imperfectos: 14 de outubro, ás 20:00 horas, no CSC de Santa Marta.
- Terapias de parella: 21 de outubro, ás 20:00 horas, no CSC de Santa Marta.
- Sucesos atroces: 28 de outubro, ás 20:00 horas, no CSC de Santa Marta.
- Asuntos de defuntos: 29 de outubro, ás 20:30 horas, no CSC de Conxo.
- Crónicas de Siria: 11 de novembro, ás 20:00 horas, no CSC de Santa Marta.
- Contos macabros: 19 de novembro, ás 20:30 horas, no CSC de Conxo.
- Instintos animais: 25 de novembro, ás 20:00 horas, no CSC de Santa Marta.

Compartir: