Lunes 18 de julio 2016

Axenda

Verán en Verde

Un verán cheo de actividades para toda a cidadanía. Actividades para ver, facer e percorrer toda a cidade, coñecendo e participando dos parques, espazos naturais e lugares de encontro sociocultural. Programa de actividades das concellarías de Acción Cultural e Medio Ambiente.

Do 4 de xullo ao 24 de setembro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Festas do Apóstolo

As festas do Apóstolo apostan un ano máis pola diversidade e a descentralización, con actividades para todos e de balde.

Do 15 ao 31 de xullo, en diversos espazos.

Axenda

Exposición sobre o centenario das Irmandades da Fala (1916 - 2016)

Na procura de contribuír á difusión do labor realizado por aquelas persoas que integraron as Irmandades da Fala e dar a coñecer a importancia que tiveron na época en que xorden e tamén na actualidade, esta mostra combina textos e imaxes e localizarase en catro dos quioscos Cogami da cidade facilitando o achegamento do maior número posible de persoas.

Ata o 31 de xullo, nos quioscos da Alameda, Praza de Vigo, Xoan XXIII e Sar.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Programación infantil con Apego

No marco do programa Apego, o Concello de Santiago agrupa toda a programación infantil en galego, de xeito que as familias poidan atopar facilmente todas as propostas dos diferentes departamentos municipais para os máis pequenos da casa.

Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Mostra "80 anos. Santiago 1936" na Fundación Granell

A exposición 80 anos. Santiago 1936 pretende explicar como, en tan poucos días, Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aínda se festexaba o Estatuto de Autonomía de Galicia, ao triunfo do golpe de estado. Como as rúas de Compostela pasaron de ser un espazo de convivencia, pugna e pluralidade democrática, a converterse no escenario do medo, da persecución e da matanza.

Do 7 de xullo ao 25 de setembro, na Fundación Granell (praza do Toural). A mostra pode visitarse de martes a venres de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e os sábados de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Axenda

Artellando

A Concellaría de Acción Cultural volve apostar polo proxecto Artellando para garantir unhas festas que cheguen a toda a cidadanía, a todos os barrios e mesmo á zona rural. Dentro deste programa, que se desenvolverá do 18 ao 24 de xullo, haberá ata 16 espectáculos infantís nos barrios, en colaboración coa Rede de Centros Socioculturais.

Do 18 ao 24 de xullo, en diversos espazos.

Axenda

Mostra do Noveno Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Novena edición do Premio Auditorio de Galicia, unha convocatoria que testa a creación emerxente en Galicia achegándonos ás diferentes disciplinas nas que se moven os creadores, pintura, escultura, fotografía, performance, vídeo, instalacións. Foron cento trece os dossieres presentados e son coarenta os artistas que forman parte desta exposición.

Do 11 de marzo ao 18 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"As rúas contan que. Narrativas gráficas colectivas", intervención na Zona C de Bonaval

Tres colectivos relacionados co debuxo -Oficina Arará, Club del Dibujo e Botafumeiro- baixo o comisariado de Desirée Vidal Juncal, son os protagonisas da terceira das intervencións seleccionadas na modalidade de proxectos de comisariado para a Zona "C" e formando parte da convocatoria en artes visuais que nutre de programación este espazo multidisciplinar.

Do 27 de maio ao 24 de xullo, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: