Sábado 15 de octubre 2016

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de instantáneas en 3D "Compostela, a Terceira Dimensión" na Casa do Cabido

Baixo o título Compostela, a Terceira Dimensión, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en 3D da cidade de Santiago do estereógrafo coruñés Enrique Criado. Esta mostra reúne un total de 35 imaxes representativas do casco histórico compostelán, en particular da Catedral -como final do Camiño- e da súa contorna.

Ata finais de novembro, na Casa do Cabido.

Axenda

"Retratos sobre fondo negro", exposición fotográfica de Pilo Gallizo na Fundación Granell

Retratos sobre fondo negro achéganos a experiencia persoal de Pilo Gallizo, autora con discapacidade visual.

Do 13 ao 26 de outubro, na Fundación Granell.

Axenda

Exposición: "Historia do comercio compostelán"

Exposición organizada polo Concello de Santiago sobre o comercio da cidade e os seus establecementos máis emblemáticos.

Ata o 4 de decembro, no Centro Abanca Obra Social.

Axenda

Compostela + Solidaria, actividades de sensibilización nos centros socioculturais

O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha Compostela+Solidaria', un programa de sensibilización que ten por obxectivo dar a coñecer a realidade dos países empobrecidos, o traballo das ONGD galegas e as alternativas solidarias e xustas que dende aquí contribúen a mudar o mundo. E como a transformación social comeza dende o local, dende os barrios, levaranse a cabo máis de 30 actividades de balde, principalmente nos centros socioculturais da cidade.

Do 17 de setembro ao 16 de outubro, nos centros socioculturais.

Axenda

Mostras na Fundación Granell

A Fundacion Eugenio Granell acolle varias exposicións. Unha delas é a titulada Instinto de conservación, unha mostra de carácter didáctico que pretende facer fincapé no concepto de conservación preventiva da man de imaxes da obra de Eugenio Granell e as súas coleccións, arroupado por este espazo envolvente que invita á reflexión. Outras dúas mostras temporais son Eugenio Granell, o encanto de todas as mulleres e Amparo Segarra. Diario fragmentado 2016.

Ata o mes de decembro, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Afirmo que todo funcionará", proxecto expositivo de Jacobo Bugarín, na Zona C

Aquilo que se ve e aquilo que se oculta. Existe un intento de comunicación, unha imposibilidade tamén, que vertebra o proxecto expositivo que propón Jacobo Bugarín para o espazo da Zona C.

Do 14 de outubro ao 20 de novembro, na Zona C.

Axenda

Programación infantil con Apego

O Concello de Santiago unifica toda a súa programación infantil, utilizando o idioma como elemento de conexión.

Durante o outono, en varios espazos da cidade.

Axenda

"Ensaio sobre a cegueira", por Sarabela Teatro

Un home parado diante dun semáforo en vermello fica cego subitamente. É o primeiro caso dunha «cegueira branca» que se expande de maneira fulminante. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os cegos terán que enfrontarse co que existe de primitivo na natureza humana: a vontade de sobrevivir a calquera prezo.

O venres 14 e o sábado 15 de outubro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Música Reservata

Música Reservata trae ás Xornadas de Música Contemporánea a súa proposta Concepto universalis. O programa xoga cos contrastes entre o novo e o vello, con pezas do onte inseridas entre as actuais, entre as que ademais figura unha reestrea de obra encargo do CNDM.

O sábado 15 de outubro, ás 20:30 horas, na igrexa da Universidade.

Compartir: