Martes 28 de febrero 2012

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre "MúsicaXove 2011" no CSCXM do Ensanche

O CSCXM do Ensanche acolle unha exposición coas mellroes imaxes do certame "MúsicaXove 2011", organizada pola Concellería de Xuventude.

Do 6 ao 29 de febreiro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Se non queres casar, o mesmo dá", por Casahamlet

Casahamlet pon sobre as táboas do Principal Se non queres casar, o mesmo dá, un texto de Álvaro Cunqueiro.

FICHA ARTÍSTICA

Autor: Álvaro Cunqueiro
Dirección: Manuel Lourenzo
Adaptación: Manuel Lourenzo
Escenografía: Casahamlet
Deseño son: Brandán Lourenzo
Vestiario: Casahamlet
Música: Brandán Lourenzo
Elenco artístico: Ana Hermida, Santiago Fernández, Manuel Lourenzo, Brandán Lourenzo e Manu Clavijo

O martes 28 e o xoves 29 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: