Jueves 9 de febrero 2017

Axenda

"Semente, 15 anos apoiando a arte emerxente"

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre revisan nunha exposición as nove edicións do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Do 11 de outubro ao 26 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Rostros", exposición de retratos realizados por Carlos Maside

O Consorcio promove unha exposición de retratos realizados polo pintor Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus.

Ata mediados de marzo do 2017, na Casa do Cabido.

Axenda

"Once Upon a Time", instalación de Marta Bran

Once upon a time é un proxecto inédito da artista Marta Bran, creado ex profeso para o espazo da Zona "C", no que a pintura expandida constitúe unha paisaxe bucólica na que un grupo de rapaces xogan ás agachadas.

Do 3 de febreiro ao 16 de abril, na Zona C.

Axenda

"West side story" pola Banda Municipal de Música

Adaptación para marionetas de West Side Story, coa Banda Municipal de Música e os titiriteiros Pilar Álvarez, Anxo García e Xulio Balado. Programa didáctico.

O xoves 9 e o venres 10 de febreiro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"¡H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade", exposición itinerante na Alameda compostelá

¡H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade é unha mostra itinerante que pretende concienciar sobre o uso deste recurso tan prezado e, a súa vez, tan escaso. A exposición está promovida pola Obra Social "la Caixa" e Viaqua, coa colaboración do Concello de Santiago.

Do 17 de xaneiro ao 22 de febreiro, na Alameda.

Horario: de luns a venres, de 12:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Axenda

Escenas do Cambio

Escenas do Cambio celebra a súa terceira edición cun programa con 25 pezas de artistas e compañías de 10 países diferentes. O teatro galego terá unha presenza destacada con nomes como Chévere, que presentará Cheverografías; Matarile Teatro, con Antes de la metralla, ou iLMaquinario, con Resaca, entre outros nomes. A ollada á escena galega convive coa atención ao teatro contemporáneo de América Latina, con propostas de nomes imprescindibles, como Federico León, Rodrigo García, Guillermo Calderón, Mariano Pensotti, Manuela Infante ou Magdalena Arau.

Do 28 de xaneiro ao 15 de febreiro, na Cidade da Cultura.

Axenda

"Voaxa e Carmín", con Mabel Rivera e Belén Constenla

Comedia terrorífica que da voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela.

O mércores 8 ao sábado 11 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Concerto da Real Filharmonía de Galicia

Novo concerto de abono da Real Filharmonia de Galicia, nesta ocasión co director e clarinete Joan Enric Lluna.

O xoves 9 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: