Domingo 9 de octubre 2016

Axenda

XIII Festival Internacional de Cine Curtocircuíto

Curtocircuíto naceu en 2004 coa intención de potenciar e premiar a creación audiovisual no eido da curtametraxe e xa se converteu nun referente internacional deste formato. Este ano 2016 celebramos a 13ª edición do festival.

Do 3 ao 9 de outubro.

Axenda

Exposición de instantáneas en 3D "Compostela, a Terceira Dimensión" na Casa do Cabido

Baixo o título Compostela, a Terceira Dimensión, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en 3D da cidade de Santiago do estereógrafo coruñés Enrique Criado. Esta mostra reúne un total de 35 imaxes representativas do casco histórico compostelán, en particular da Catedral -como final do Camiño- e da súa contorna.

Ata finais de novembro, na Casa do Cabido.

Axenda

Compostela + Solidaria, actividades de sensibilización nos centros socioculturais

O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha Compostela+Solidaria', un programa de sensibilización que ten por obxectivo dar a coñecer a realidade dos países empobrecidos, o traballo das ONGD galegas e as alternativas solidarias e xustas que dende aquí contribúen a mudar o mundo. E como a transformación social comeza dende o local, dende os barrios, levaranse a cabo máis de 30 actividades de balde, principalmente nos centros socioculturais da cidade.

Do 17 de setembro ao 16 de outubro, nos centros socioculturais.

Axenda

Mostras na Fundación Granell

A Fundacion Eugenio Granell acolle varias exposicións. Unha delas é a titulada Instinto de conservación, unha mostra de carácter didáctico que pretende facer fincapé no concepto de conservación preventiva da man de imaxes da obra de Eugenio Granell e as súas coleccións, arroupado por este espazo envolvente que invita á reflexión. Outras dúas mostras temporais son Eugenio Granell, o encanto de todas as mulleres e Amparo Segarra. Diario fragmentado 2016.

Ata o mes de decembro, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

Un paseo sinfónico coa Banda Municipal de Santiago

Casiano Mouriño dirixe a Banda Municipal de Santiago nun novo concerto dominical.

O domingo 9 de outubro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Vertixe Sonora Ensemble

Microteatro Psicopático, palabras perdidas, monstros e espazos misteriosos. Achegamento á obra literaria de Javier Tomeo co compositor Óscar Carmona Carlos Álvarez-Ossorio, actor. Nova entrega das Xornadas de Música Contemporánea.

O domingo 9 de outubro, ás 12:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: