Domingo 19 de febrero 2012

Axenda

Entroido nos centros socioculturais

Os centros e locais socioculturais ofrecen unha completa programación de Entroido para todos os públicos. Adxúntase o programa completo, coas datas e horarios.

Do 1 ao 25 de febreiro, nos locais e centros socioculturais.

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición sobre "MúsicaXove 2011" no CSCXM do Ensanche

O CSCXM do Ensanche acolle unha exposición coas mellroes imaxes do certame "MúsicaXove 2011", organizada pola Concellería de Xuventude.

Do 6 ao 29 de febreiro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

Concerto da Banda Municipal de Música dentro do ciclo de Xóvenes intérpretes galegos, que esta vez protagoniza Jorge A. García-Reynoso Sarabia, percusión solista.

Programa:

Rey Lear Op. 4, H. Berlioz/X. C. Seráns
Concerto para marimba, É Séjourne
Percusión solista: Jorge A. García-Reynoso Sarabia
Non chores Sabeliña, G. Freire
Steeps by Starligth, T. Kushida

O domingo 19 de febreiro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

II Salón do Vehículo Clásico e de Época

Coa colaboración do Concello de Santiago, Retro Galicia. I Salón do Vehículo Clásico e de Época, celebra en Compostela a súa segunda convocatoria. A exposición compleméntase con diversas actividades paralelas vinculadas ao automóbil.

Os días 17, 18 e 19 de febreiro, no Recinto Feiral de Amio

Axenda

Xenerais da Ulla no Eixo

A parroquia compostelá do Eixo celebra o seu tradicional entroido co espectáculo dos chamados Xenerais da Ulla, que implica toda unha escenificación na que interveñen diferentes personaxes.

O domingo 19 de febreiro, ás 19:00 horas, na carballeira do Souto, en Santa Lucía (O Eixo).

Compartir: