Miércoles 25 de enero 2012

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto didáctico da Banda Municipal de Música

Ciclo de concertos didácticos da Banda Municipal de Música, dirixida por X. Carlos Seráns. O programa será Hoxe toca vento madeira.

Os días 25, 26 e 27 de xaneiro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: