Viernes 19 de junio 2015

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Compostela interpreta aos pioneiros da fotografía", exposición no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche

Exposición fotográfica Compostela interpreta aos pioneiros da fotografía, organizada pola Asociación Cultural Fotoforum de Compostela. Esta mostra, que xa fora inaugurada no ano 2014 na Casa do Cabido de Santiago, está conformada por 51 fotografías datadas entre 1839 e 1930, nas que 39 fotógrafos da Asociación fan unha reprodución actualizada da fotografía clásica.

Na exposición contemplarase o traballo de grandes mestres coma André Kertész, Edward Weston, Man Ray, Alfred Eisenstaedt, Ruth Matilda Anderson, Ksado, Imogren Cunnigham ou Jacques Heri Lartigue, entre outros.

A mostra intenta compartir co público este traballo de creación interna que cada fotógrafo experimentou ao longo do proceso, polo que cada unha das pezas vai acompañada dunha cartela explicativa na que se reproduce a menor tamaño a imaxe orixinal que se tomou como modelo, xunto cos datos do seu autor, datas e referencia biográfica, alén dos datos do autor da peza actual.

Do 9 ao 29 de xuño, no Centro Sociocultural do Ensanche.

Axenda

Maratón de jazz na Quintana

Santiago será de novo escenario do final do ciclo Jazz 1906 na praza da Quintana. Serán 12 horas de música de balde e en directo en plena rúa co obxectivo de compartir cos viandantes de forma aberta e sen barreiras as propostas musicais de formacións galegas de jazz.

O venres 19 de xuño, de 12:00 a 24:00 horas, na praza da Quintana.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Work in progress", polo Centro Dramático Galego

O Centro Dramático Galego coordina a estrea absoluta no Salón Teatro dun proxecto organizado en colaboración coas compañías de teatro nacionais de Portugal (Dona Maria II de Lisboa e São João de Porto) no que os protagonistas serán os alumnos das tres escolas superiores de artes escénicas portuguesas e galega. Tres actores por escola (ESAD, ESMAE e ESTC) interpretarán un texto do dramaturgo portugués José Maria Vieira Mendes que se atopa en fase de creación e que será levado a escena polo seu compañeiro no colectivo Teatro Praga, o actor e director Pedro Penim.

Mércores 17, xoves 18, venres 19 e sábado 20, ás 21:00 horas, e o domingo 21 de xuño, ás 18:00 horas, no Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Leiva

Leiva chega a Santiago dentro do seu Polvora On Tour, unha das xiras de maior éxito no noso país, na que presenta Pólvora, o seu segundo traballo en solitario, co que se consolidou como unha referencia indispensable no panorama do rock feito en España.

O venres 19 de xuño, ás 21:00 horas, no Palacio de Congreso e Exposicións de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: