Jueves 9 de abril 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

Exposición "40 anos de acción humanitaria independente"

A Concellería de Cultura, co ánimo de apoiar e divulgar o traballo da organización médico-humanitaria de ámbito internacional Médicos sen Fronteiras, programa en tres centros socioculturais, durante os meses de abril, maio e xuño, a exposición fotográfica 40 anos de acción humanitaria independente.

Esta mostra achega aos visitantes unha escolma de 30 fotografías que reflicten o traballo que esta organización vén realizando en poboacións que se atopan en situacións precarias ou son vítimas de catástrofes de orixe natural ou humana e de conflitos armados ao longo de 40 anos. Algunhas das imaxes poñen de manifesto realidades coma a vivida tras o tsunami de 2004 no sureste asiático, a crise nutricional en Níxer, a febre de Marburg en Angola, a expulsión de inmigrantes en Marrocos, o conflito armado en Colombia en 1985, a primeira Intifada en 1998, a guerra en Bosnia ou a fame en Etiopía.

A exposición recolle fotografías de Sebastiao Salgado, Juan Carlos Tomasi, Bruno Stevens, Olivier Jobard, Roger Job, Eric Bouvet e Jonh Stanmeyer, ademais de axencias como Gamma, Magnum, Crosnos, Moment, Sipa Press e VII.

De xeito paralelo, nos centros soocioculturais realizaranse diversas actividades complementarias, coma o ciclo de cine humanitario MSC Miradas sen fronteiras que contará coa proxección das obras From action to words, Invisibles, Acces to the danger zone e Fire in the blood. Tamén se realizará un contacontos e un debate sobre o cómic El fotógrafo.

- A mostra poderá visitarse entre o 8 e o 27 de abril no CSC do Ensanche, do 30 de abril ao 20 de maio no CSC de Vite e do 22 de maio ao 9 de xuño no CSC das Fontiñas.

- No ciclo de cine, proxección das obras From action to words e Invisibles o 8 de abril, ás 11:00 e 11:30 horas, respectivamente, no CSC do Ensanche. O sábado 25 de abril, proxección de Acces to the danger zone, ás 17:30, e Fire in the blood ás 19:00 horas.

- Contacontos para nenos e nenas o 17 abril no CSC do Ensanche, o 8 de maio no CSC de Vite e o 29 de maio no CSC das Fontiñas.

- Debate sobre o cómic El fotógrafo, o 26 de maio, as 20:00 horas, no CSC das Fontiñas.

Axenda

"O mandarim", pola Companhia de Teatro de Almada de Lisboa

Despois de ter abrazado o positivismo e a estética realista, un dos grandes novelistas da literatura portuguesa, Eça de Queiroz, deixase seducir pola fantasía a partir de O mandarim (1880). Teodoro, o protagonista, será unha noite interpelado por un vello libro: "No máis recóndito de China existe un mandarín máis rico que todos os reis que a fábula e a historia contan". Tentado polas ambicións que hai moito alimentaba, Teodoro porá fin á vida de Ti Chin-Fu. Pero a agardada felicidade tarda en chegar xa que o amanuense vive atormentado, ás veces pola conciencia, outras polo fantasma do morto. Unha viaxe por Oriente semella ser a única solución.

O xoves 9 de abril, ás 20:30 horas, no Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Mujeres como yo", comedia de Pau Miró, no Teatro Principal

Creada en 1991 por cinco novas actrices que naquel momento acababan de graduarse no Institut del Teatre de Barcelona, máis de 2500 funcións e dúas décadas de experiencia despois, podemos dicir que a compañía feminina barcelonesa T de Teatre adoita acertar nas súas propostas… Na súa nova aventura, Mujeres como yo, quixeron poñerse nas mans dun home de teatro como Pau Miró para, xuntos, retratar toda unha xeración de mulleres, as de perto da cincuentena.

O xoves 9 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Sergio Alapont dirixe a RFG

Singular achega con tres infrecuentes obras nun programa que arrinca cunha breve sinfonía de Julián Bautista, avantaxado alumno de Conrado del Campo autoexiliado en Arxentina nos anos corenta do pasado século repetidamente galardoado polos seus traballos musicais cinematográficos. No ciclo de canción Das Marienleben, Hindemith narra en quince poemas a vida da Virxe María. Quince anos contaba tan só o precoz Felix Mendelssohn cando compuxo a súa primeira sinfonía. Sergio Alapont dirixe a Real Filharmonía de Galicia nun concerto que contará tamén coa participación da soprano Paula Murrihy.

O xoves 9 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Sr. Chinarro

Sr. Chinarro naceu en 1990 da man de Antonio Luque, pioneiro da música indie en España. Considerado un dos mellores letristas do estado, ten publicados 15 discos longos e 5 curtos. O último ata hoxe é o aclamado Perspectiva caballera.

O xoves 9 de abril, ás 21:30 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: