Jueves 23 de abril 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

Exposición "40 anos de acción humanitaria independente"

A Concellería de Cultura, co ánimo de apoiar e divulgar o traballo da organización médico-humanitaria de ámbito internacional Médicos sen Fronteiras, programa en tres centros socioculturais, durante os meses de abril, maio e xuño, a exposición fotográfica 40 anos de acción humanitaria independente.

Esta mostra achega aos visitantes unha escolma de 30 fotografías que reflicten o traballo que esta organización vén realizando en poboacións que se atopan en situacións precarias ou son vítimas de catástrofes de orixe natural ou humana e de conflitos armados ao longo de 40 anos. Algunhas das imaxes poñen de manifesto realidades coma a vivida tras o tsunami de 2004 no sureste asiático, a crise nutricional en Níxer, a febre de Marburg en Angola, a expulsión de inmigrantes en Marrocos, o conflito armado en Colombia en 1985, a primeira Intifada en 1998, a guerra en Bosnia ou a fame en Etiopía.

A exposición recolle fotografías de Sebastiao Salgado, Juan Carlos Tomasi, Bruno Stevens, Olivier Jobard, Roger Job, Eric Bouvet e Jonh Stanmeyer, ademais de axencias como Gamma, Magnum, Crosnos, Moment, Sipa Press e VII.

De xeito paralelo, nos centros soocioculturais realizaranse diversas actividades complementarias, coma o ciclo de cine humanitario MSC Miradas sen fronteiras que contará coa proxección das obras From action to words, Invisibles, Acces to the danger zone e Fire in the blood. Tamén se realizará un contacontos e un debate sobre o cómic El fotógrafo.

- A mostra poderá visitarse entre o 8 e o 27 de abril no CSC do Ensanche, do 30 de abril ao 20 de maio no CSC de Vite e do 22 de maio ao 9 de xuño no CSC das Fontiñas.

- No ciclo de cine, proxección das obras From action to words e Invisibles o 8 de abril, ás 11:00 e 11:30 horas, respectivamente, no CSC do Ensanche. O sábado 25 de abril, proxección de Acces to the danger zone, ás 17:30, e Fire in the blood ás 19:00 horas.

- Contacontos para nenos e nenas o 17 abril no CSC do Ensanche, o 8 de maio no CSC de Vite e o 29 de maio no CSC das Fontiñas.

- Debate sobre o cómic El fotógrafo, o 26 de maio, as 20:00 horas, no CSC das Fontiñas.

Axenda

"In memoriam", estrea absoluta de O Retrete de Dorian Gray

Coñeza a Percival. Ou o que queda del. Un feixe de recordos, un fato de fotos. Vexa unha serie de calamitosos esforzos para deixar de non ser, para frear o inevitable paso do tempo. En fin, todos os ingredientes dunha boa comedia. O Retrete de Dorian Gray estrea a súa nova peza de longa duración, un espectáculo en dúas dimensións. Aprópianse das imaxes de persoas que viviron hai máis de cen anos para darlles una nova vida coas mans. Fotos animadas, bailadas, vivindo momentos que nunca viviron e facendo cousas que nunca se atreveron a facer, ou quizais si?

O mércores 22, o xoves 23, o venres 24 e o sábado 25, ás 20:30 h, o domingo 26, ás 19:30 h, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Ganas de ouvear", por Teatre Nacional de Catalunya, CDG e CatroCadeiras

A habilidade para ser competente nunha disciplina seica é a mesma que permite ser consciente desa competencia. Ou dito dun xeito simple: "Quen sabe facer, saber recoñecer". E así como parece ser certa esta afirmación, tamén semella acertada a súa oposta: "Quen non sabe facer, non sabe recoñecer". Canto máis incompetente sexa unha persoa, menos capaz será de recoñecer en que se equivoca. Isto leva a pensar que quen non sabe escribir poesía, por exemplo, non ten capacidade para recoñecer as calidades dun bo poema. Agora ben, pode unha persoa incapaz de valorar a arte poética reverter a súa incapacidade? Se é posible, cal é a maneira? Aprendendo a crear poesía?

O xoves 23, o venres 24, o sábado 25, ás 20:30 h, e o domingo 26, ás 18:00 h, no Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: