Sábado 18 de abril 2015

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

Exposición "40 anos de acción humanitaria independente"

A Concellería de Cultura, co ánimo de apoiar e divulgar o traballo da organización médico-humanitaria de ámbito internacional Médicos sen Fronteiras, programa en tres centros socioculturais, durante os meses de abril, maio e xuño, a exposición fotográfica 40 anos de acción humanitaria independente.

Esta mostra achega aos visitantes unha escolma de 30 fotografías que reflicten o traballo que esta organización vén realizando en poboacións que se atopan en situacións precarias ou son vítimas de catástrofes de orixe natural ou humana e de conflitos armados ao longo de 40 anos. Algunhas das imaxes poñen de manifesto realidades coma a vivida tras o tsunami de 2004 no sureste asiático, a crise nutricional en Níxer, a febre de Marburg en Angola, a expulsión de inmigrantes en Marrocos, o conflito armado en Colombia en 1985, a primeira Intifada en 1998, a guerra en Bosnia ou a fame en Etiopía.

A exposición recolle fotografías de Sebastiao Salgado, Juan Carlos Tomasi, Bruno Stevens, Olivier Jobard, Roger Job, Eric Bouvet e Jonh Stanmeyer, ademais de axencias como Gamma, Magnum, Crosnos, Moment, Sipa Press e VII.

De xeito paralelo, nos centros soocioculturais realizaranse diversas actividades complementarias, coma o ciclo de cine humanitario MSC Miradas sen fronteiras que contará coa proxección das obras From action to words, Invisibles, Acces to the danger zone e Fire in the blood. Tamén se realizará un contacontos e un debate sobre o cómic El fotógrafo.

- A mostra poderá visitarse entre o 8 e o 27 de abril no CSC do Ensanche, do 30 de abril ao 20 de maio no CSC de Vite e do 22 de maio ao 9 de xuño no CSC das Fontiñas.

- No ciclo de cine, proxección das obras From action to words e Invisibles o 8 de abril, ás 11:00 e 11:30 horas, respectivamente, no CSC do Ensanche. O sábado 25 de abril, proxección de Acces to the danger zone, ás 17:30, e Fire in the blood ás 19:00 horas.

- Contacontos para nenos e nenas o 17 abril no CSC do Ensanche, o 8 de maio no CSC de Vite e o 29 de maio no CSC das Fontiñas.

- Debate sobre o cómic El fotógrafo, o 26 de maio, as 20:00 horas, no CSC das Fontiñas.

Axenda

"Pangeia", con Limiar Teatro e Acaso Danza, no Salón Teatro

Pangeia é a historia da terra, a historia da humanidade, a nosa propia historia. Pangeia é separarse para volver a encontrarse, noutro lugar, doutro xeito, noutro tempo… como as placas tectónicas na deriva continental. No inicio estaban xuntas e na fin xuntas van ficar. Pangeia é crise, movemento, mudanza. É inicio, é fin… O teatro, a danza, a música, as artes plásticas, a cociña, o local, o global, a tradición, o futuro… iso é Pangeia.

O mércores 15, o xoves 16, o venres 17 e o sábado 18, ás 20:30, e o domingo 19 de abril, ás 18:00 horas, no Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Ana Morgade

Na peor das épocas posibles, de entre o tedio, o desemprego e os grupos de whatsapp, xorden as ‘Morgadeces’. Non serven para nada, non producen beneficios, nin engordan nin adelgazan, e tampouco desgravan. Pero… e o tempiño divertido que pasas?

O sábado 18 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: