Sábado 28 de febrero 2015

Axenda

Mostra fotográfica sobre os Xenerais da Ulla no Mercado de Abastos

A Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago acolle unha exposición de fotografías escollidas, cheas de cor, que recolle a esencia e carácter do entroido rural tradicional dos "Xenerais da Ulla", declarada Festa de Interese Turístico de Galicia a finais de 2013.

A mostra reúne un total de 60 imaxes distribuídas en 22 paneis dos seguintes fotógrafos: José López (Jolope), Adolfo Enríquez (Arquivo Turismo de Galicia), José Ramón Moire, Puri Sangiao, Luismy, Aroa, Rubén Estudio Fotográfico, Anna Fotógrafa, Marcos Míguez, José Esteller, Ramón Torrente e Ana María García Turnes, entre outros.

Unha exposición que invita a visitar os lugares e parroquias, situados moi preto de Santiago, nos que se celebra esta singular tradición.

Ata o 1 de marzo, na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"

Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).

Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

Yunke presenta o seu "Conjuro"

Subcampeón do mundo de ilusionismo (Lisboa, 2000), o televisivo mago Yunke chega por primeira vez a Santiago para presentar o seu Conjuro, un show elegante e espectacular, para todos os públicos, cheo de fantasía e ilusión… Yunke presenta un tipo de ilusionismo inédito en España no que calquera cousa é posible e que os espectadores tardan en olvidar: á mente cústalle crer o que os ollos poden chegar a ver…

O sábado 28 de febreiro, ás 20:00 horas, no Auditorio ABANCA.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Trajano! no Compostela Rock

Antropología confirma as expectativas pasadas, e sitúa hoxe a Trajano! como unha das formacións de art-rock máis persoais do noso país e expón un futuro esplendoroso a pouco que a banda manteña esta liña de traballo. E ademais saen ben nas fotos. Non se se se pode pedir moito máis a un disco de debut... Estarán acompañados da banda galega Cazador.

O sábado 28 de febreiro, ás 20:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: