Sábado 21 de febrero 2015

Axenda

Mostra fotográfica sobre os Xenerais da Ulla no Mercado de Abastos

A Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago acolle unha exposición de fotografías escollidas, cheas de cor, que recolle a esencia e carácter do entroido rural tradicional dos "Xenerais da Ulla", declarada Festa de Interese Turístico de Galicia a finais de 2013.

A mostra reúne un total de 60 imaxes distribuídas en 22 paneis dos seguintes fotógrafos: José López (Jolope), Adolfo Enríquez (Arquivo Turismo de Galicia), José Ramón Moire, Puri Sangiao, Luismy, Aroa, Rubén Estudio Fotográfico, Anna Fotógrafa, Marcos Míguez, José Esteller, Ramón Torrente e Ana María García Turnes, entre outros.

Unha exposición que invita a visitar os lugares e parroquias, situados moi preto de Santiago, nos que se celebra esta singular tradición.

Ata o 1 de marzo, na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.

Axenda

"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia

Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.

Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"O crédito", de Jordi Galcerán, por Eme2 Producións

No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe… O crédito estreouse en Barcelona e xa leva oito meses continuados en cartel recibindo unhas fantásticas críticas e cheos nas súas funcións. Á versión en castelán que tamén está recollendo o mesmo éxito, segue a adaptación ao galego que terá a súa estrea absoluta en Compostela co protagonismo de Morris e Pedro Alonso.

O mércores 18, o xoves 19, o venres 20 e o sábado 21, ás 20:30 horas; e o domingo 22, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

ButacaZero representa "Supermarket"

Por que brillan tanto as mazás? Que ten dentro o colacao? É mellor limpar con lixivia ou con disiclín? E sobre todo... van os expresidentes do Goberno ao supermercado? Supermarket ofrece ao espectador 59,99 minutos de auténtico e orixinal "stand up poetry" para partirse de risa.

O xoves 19, o venres 20 e o sábado 21, ás 20:30 horas; e o domingo 22, ás 19:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

José González

O artista sueco estará presentando o seu novo e agardadísimo disco Vestiges & Claws. A banda Los Amigos de los Músicos precederáo no escenario. José González despuntou mundialmente no 2004 co seu intimista debut, Veneer, no que facía gala da súa especial sensibilidade para compoñer preciosas pezas sobre o amor e outras catástrofes e no 2013 aumentou se cabe máis aínda a súa reputación mundial grazas ao éxito acadado pola súa banda sonora na película A Vida Secreta de Walter Mitty, protagonizada por Ben Stiller, Sean Peann e Shirley MacLaine.

O sábado 21 de febreiro, ás 21:00 horas, ns Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: