Miércoles 18 de febrero 2015

Axenda

Mostra fotográfica sobre os Xenerais da Ulla no Mercado de Abastos

A Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago acolle unha exposición de fotografías escollidas, cheas de cor, que recolle a esencia e carácter do entroido rural tradicional dos "Xenerais da Ulla", declarada Festa de Interese Turístico de Galicia a finais de 2013.

A mostra reúne un total de 60 imaxes distribuídas en 22 paneis dos seguintes fotógrafos: José López (Jolope), Adolfo Enríquez (Arquivo Turismo de Galicia), José Ramón Moire, Puri Sangiao, Luismy, Aroa, Rubén Estudio Fotográfico, Anna Fotógrafa, Marcos Míguez, José Esteller, Ramón Torrente e Ana María García Turnes, entre outros.

Unha exposición que invita a visitar os lugares e parroquias, situados moi preto de Santiago, nos que se celebra esta singular tradición.

Ata o 1 de marzo, na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.

Axenda

A cámara escura da Casa do Cabido

O Consorcio de Santiago convida a todos os cidadáns e visitantes a asistir a un curioso espectáculo na Casa do Cabido, na praza das Praterías. Na segunda planta do edificio, os interesados terán a oportunidade de ver, en total escuridade, a imaxe da Torre do Reloxo da Catedral proxectada de xeito invertido nas paredes do interior do inmoble.

Do 12 ao 18 de febreiro, agás o luns día 16, xa que a Casa do Cabido permanece pechada como é habitual.

Axenda

Entroido 2015

Ampla variedade de propostas para o Entroido 2015 en Compostela. O desfile do martes 17 será un ano máis o punto forte dun calendario que arrancará co desfile do Meco e que incluirá un festival infantil, obradoiros, actividades nos centros socioculturais, ofertas gastronómicas e a todas as propostas ligadas ao Entroido dos Xenerais da Ulla.

Do 14 ao 18 de febreiro, en diferentes espazos da cidade.

Axenda

"O crédito", de Jordi Galcerán, por Eme2 Producións

No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe… O crédito estreouse en Barcelona e xa leva oito meses continuados en cartel recibindo unhas fantásticas críticas e cheos nas súas funcións. Á versión en castelán que tamén está recollendo o mesmo éxito, segue a adaptación ao galego que terá a súa estrea absoluta en Compostela co protagonismo de Morris e Pedro Alonso.

O mércores 18, o xoves 19, o venres 20 e o sábado 21, ás 20:30 horas; e o domingo 22, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: