Martes 17 de febrero 2015

Axenda

Mostra fotográfica sobre os Xenerais da Ulla no Mercado de Abastos

A Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago acolle unha exposición de fotografías escollidas, cheas de cor, que recolle a esencia e carácter do entroido rural tradicional dos "Xenerais da Ulla", declarada Festa de Interese Turístico de Galicia a finais de 2013.

A mostra reúne un total de 60 imaxes distribuídas en 22 paneis dos seguintes fotógrafos: José López (Jolope), Adolfo Enríquez (Arquivo Turismo de Galicia), José Ramón Moire, Puri Sangiao, Luismy, Aroa, Rubén Estudio Fotográfico, Anna Fotógrafa, Marcos Míguez, José Esteller, Ramón Torrente e Ana María García Turnes, entre outros.

Unha exposición que invita a visitar os lugares e parroquias, situados moi preto de Santiago, nos que se celebra esta singular tradición.

Ata o 1 de marzo, na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.

Axenda

A cámara escura da Casa do Cabido

O Consorcio de Santiago convida a todos os cidadáns e visitantes a asistir a un curioso espectáculo na Casa do Cabido, na praza das Praterías. Na segunda planta do edificio, os interesados terán a oportunidade de ver, en total escuridade, a imaxe da Torre do Reloxo da Catedral proxectada de xeito invertido nas paredes do interior do inmoble.

Do 12 ao 18 de febreiro, agás o luns día 16, xa que a Casa do Cabido permanece pechada como é habitual.

Axenda

Entroido 2015

Ampla variedade de propostas para o Entroido 2015 en Compostela. O desfile do martes 17 será un ano máis o punto forte dun calendario que arrancará co desfile do Meco e que incluirá un festival infantil, obradoiros, actividades nos centros socioculturais, ofertas gastronómicas e a todas as propostas ligadas ao Entroido dos Xenerais da Ulla.

Do 14 ao 18 de febreiro, en diferentes espazos da cidade.

Compartir: