Jueves 12 de febrero 2015

Axenda

"Espazos compartidos. Cines e vidas", mostra fotográfica de Compostela Cine Classics

Unha exposición conformada por 15 fotografías seleccionadas das concorrentes no concurso promovido pola edición deste ano do Compostela Cine Classics, pecha a programación sociocultural deste proxecto,

A exposición recolle as impresións dos distintos autores sobre o cine nas súas vidas, os seus recordos e o que o cine representa para eles. Os traballos seleccionados son os seguintes: "Voltaremos", de José Alberto Pedrido Guldrís; "Días de choiva", de Ana Valado; "Personaxe misteriosa", de José Alberto Pedrido Guldrís; "Novembro en Compostela" de María Munín González; "Outro Cinema Paradiso", de Jorge Juan; "Redescubrindo a Sala Yago", de Yolanda Atararxia; "Fuga en vermello", de Javier Grixo; "Godard", de Ana Gontad; "I love cine", de Peibol; "Safety curtain", de Valeria; "A taquilla do Colón", de Tania F.; "Con faldas y a lo loco en San Martiño Pinario", de María Munín González; "A derradeira carteleira dos cines Valle-Inclán", de María Munín Gonzalez; "Primer plano", de José Mª Lamas; e "Expo cine", de Lora B.

Do 15 de xaneiro ao 12 de febreiro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Lo real", intervención de María Castellanos Vicente na Zona C

María Castellanos Vicente (Xixón, 1985), indaga en Lo real acerca da percepción. Formalmente, concibe unha instalación cunha parede chea de espellos aparentemente normais e sitúa no centro da sala un monitor no que o público se vai atopar coa cita do filósofo francés Jean Baudrillard: "O real xa non é aquilo que se pode reproducir, senón o reproducido’. A frase só se pode ver a través do monitor, que reproduce a tempo real o que unha cámara situada na sala está a capturar".

Ata o domingo 1 de febreiro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Fragmentos do desterro", de Nenoescuro

Performance sonoro visual. Fragmentos do desterro é un canto desde a bordo, un camiñar incerto no territorio limiar onde o humano se dilúe nesa presenza impersonal, sen nome, que habita o mundo.

O xoves 12 e o venres 13 de febreiro, ás 20:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

A Real Filharmonía interpreta "Romeo e Xulieta", de Chaikovski

Lendarias historias de amor aderezan a tempada da RFG, a de Romeo e Xulieta chéganos nunha das súas versión máis brillantes, a de Chaikovski… Antes poderemos escoitar a composición pola que o compostelán Fernando Buide, un dos nosos talentos máis recoñecidos, se fixo merecedor neste 2014 do Premio de Composición da Asociación Española de Orquestas Sinfónicas. Dirixe Jaime Martín.

O xoves 12 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: