Martes 10 de junio 2014

Axenda

Oitava edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

A oitava edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas, do ano 2013, ofrece a oportunidade de acceder á arte máis actual, un conxunto de 46 obras onde a frescura dos novos artistas se fai presente a través de diferentes métodos de representación. Así podemos encontrar dende os procedementos máis tradicionais como o óleo sobre lenzo ata imaxes virtuais, recreacións de cámaras escuras ou instalacións audiovisuais. Nesta edición, o primeiro dos premios foi para Olaia Sendón; o segundo para María Castellanos e o accésit para Jesús Madriñán.

Ata o 3 de agosto, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Levons-nous! O himno das mulleres" na Zona C

O proxecto de Carolina Cruz Guimarey, comisariado por Clara Rodríguez Cordeiro, nace inspirado no himno feminista LEVON-NOUS! (Levantémonos!), utilizado polo movemento francés da década dos 70 MLF (Movemento de Liberación das Mulleres) e que comeza cuns versos moi relacionados co interesante arquivo fotográfico de mulleres anónimas coas que Carolina constrúe moitas das súas pezas: Nós, que non temos pasado, as mulleres, nós que non temos historia (...)

Ata o 14 de setembro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Compostela interpreta os pioneiros da fotografía" na Casa do Cabildo

O Consorcio de Santiago promove a exposición Compostela interpreta os pioneiros da fotografía na Casa do Cabido. Trátase de 51 instantáneas realizadas por outros tantos fotógrafos da Asociación Cultural Fotoforum Compostela, que decidiron reinterpretar as imaxes dos grandes mestres desta arte entre 1840 e 1930.

A mostra pode visitarse na Casa do Cabildo ata o 3 de xullo; de martes a sábado, polas mañás de 10.00 a 14.00 horas e polas tardes de 17.00 a 21.00 horas. Os domingos a Casa do Cabido abre de 11.00 a 14.00 horas e os luns permanece pechada.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Compartir: