Domingo 9 de marzo 2014

Axenda

Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"

As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.

Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

"Cartas que veñen e van" e "Bicos de música", por Mamá Cabra

Música infantil para que nenos e nenas canten e bailen a cargo de Mamá Cabra, con dúas obras: Cartas que veñen e van e Bicos de música.

O domingo 9 de marzo, no Teatro Principal:

- Cartas que veñe e van, ás 12:30 horas.
- Bicos de música, ás 18:30 horas.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Té con Kant", de Inversa Teatro

Té con Kant é un proxecto experimental de Inversa Teatro que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica, xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

Os días 6, 7 e 8 de marzo ás 20:30 horas, e o 9 de marzo ás 19:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Julio César"

O Auditorio Novagalicia Banco acolle unha traxedia de Shakespeare, Jullo César, dirixida por Paco Azorín. Esta exitosa produción estreada no Festival de Mérida conta cun reparto estelar encabezado por Mario Gas, Sergio Peris-Mencheta e Tristán Ulloa.

O domingo 9 de marzo, ás 20:00 horas, no Auditorio Novagalicia Banco.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: