Viernes 7 de marzo 2014

Axenda

Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"

As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.

Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Imos á Banda!"

Juan Miguel Romero dirixirá a Banda Municipal de Música de Compostela e ao Conservatorio Profesional de Música de Santiago, nun concerto para escolares, o venres 7 de marzo ás 11:30 no Teatro Principal onde interpretarán obras de R. Talens, A. Reed e J. de Meij.

O venres 7 de marzo, ás 11:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

"Té con Kant", de Inversa Teatro

Té con Kant é un proxecto experimental de Inversa Teatro que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica, xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

Os días 6, 7 e 8 de marzo ás 20:30 horas, e o 9 de marzo ás 19:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Amor flexible", comedia cos composteláns Redrum Teatro

Nesta vida todos queremos algo. Tristán quere a Eva. Eva quere os cartos de Tristán. Piluca viaxar a Cabo Verde co seu noivo Bembé. E para que todos consigan o que queren, os mozos teñen que casar antes de que Tristán descobra o segredo de Eva. Para isto as mulleres urdirán un divertido plan que poderá custarlle a vida ao rapaz.

O venres 7 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: