Sábado 22 de febrero 2014

Axenda

Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"

As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.

Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

"Barba Azul, unha sabotaxe amorosa", opereta para clown e soprano na Zona C

Mónica de Nut e Borja Fernández constrúen unha versión libre do mito de Barba Azul partindo do libreto que escribiu o poeta húngaro Bela Bálasz para unha ópera de Bartok no ano 1918. Barba Azul é un mito clásico da tradición europea, reinterpretado en múltiples ocasións, na linguaxe das artes literarias, escénicas e cinematográficas.

Os días 20, 21 e 22 de febreiro, ás 20:30 horas, e o día 23 ás 19:30 horas, na Zona C.

Os días 27, 28 de febreiro e 1 de marzo, ás 20:30 horas, e o día 2 de marzo ás 19:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Si e non", microteatro

Si e non é a terceira das cinco pezas que compoñen Curriculum Vitae (unha comedia sobre entrevistas de traballo que se representará no Teatro Principal o 8 de marzo) na que o público é complice da conversa entre un mozo DJ con poucas ganas de traballar e unha experimentada funcionaria que estará disposta ao que sexa por atoparlle un posto ao fillo dunha amiga.

Os días 20, 21 e 22 de febreiro, ás 20:30 horas, en A Regadeira de Adela.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Marlango

Marlango está de volta e, esta vez, o grupo que lidera Leonor Watling chega co seu primeiro disco en español. O traballo titúlase Un día extraordinario. A banda presenta un disco máis luminoso que os seus traballos anteriores, enraizado entre o jazz e o pop, coa sorpresa de escoitar a Leonor Watling en castelán.

O sábado 22 de febreiro, ás 21:00 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: