Jueves 13 de febrero 2014

Axenda

Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"

As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.

Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

"Novas diretrizes em tempos de paz"

O 18 de abril de 1945, cando a Segunda Guerra Mundial está preto do final, un emigrante polaco, Clausewitz, desembarca no porto de Rio de Janeiro. Segismundo, o oficial da aduana, desconfía das intencións de Clausewitz e proponlle un desafío que leva os dous personaxes a confrontar as súas memorias: dun lado un actor que perdeu familiares e amigos e do outro un extorturador que sempre cumpríu ordes.

O xoves 13 de febreiro, ás 20:30 horas, no Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel e con Carolin Widmann ao violín

A violinista Carolin Widmann e a Real Filharmonía de Galicia interpretarán o Concerto para violín op. 61 e a Sinfonía nº 6 de L. v. Beethoven

O xoves 13 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Sede de mal"

Boneca Lareta presenta Sede de mal, nha comedia musical sobre o lado escuro da vida. Humor, teatro, música ao vivo con blues e rock and roll "á galega" cos dous dos personaxes mais importantes da escena galega dos últimos anos.

O xoves 13 e o venres 14 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: