Lunes 10 de febrero 2014

Axenda

Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"

As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.

Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

Odaiko Percussion Group coa Banda Municipal de Música

Vaia banda!, con Odaiko Percussion Group e Banda Municipal de Música. A integración dos instrumentos de percusión no contexto das agrupacións clásicas, orquestra ou banda, achega unha infinidade de timbres que dan cor e variedade a un espectáculo no que as posibilidades da percusión son case ilimitadas. Obras clásicas reinterprétanse en termos percusivos ofrecendo unha nova escoita que de seguro non deixara ao público indiferente. Concerto incluído no ciclo Infantil & Familiar.

O domingo 9 de febreiro, ás 12:30 horas, no Teatro Principal.

Concertos didácticos o luns 10 e o martes 11, ás 10:00 e ás 12:00 horas.

Compartir: