Sábado 1 de febrero 2014

Axenda

Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"

As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.

Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Auschwitz-Birkenau, unha mirada ao pasado", de Daniel Candal: exposición fotográfica no Ensanche

Auschwitz-Birkenau, unha mirada ao pasado é un conxunto de 25 imaxes en branco e negro sobre o maior campo de concentración e exterminio da historia do nazismo. 25 fotografías acompañadas de textos explicativos sobre os motivos concretos de cada unha delas, explicacións históricas e relatos de prisioneiros.

Do 27 de xaneiro ao 8 de febreiro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

"The telephone", ópera en inglés coa Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia interpretará a ópera The Telephone, de Gian Carlo Menotti, unha divertida parodia que fai unha crítica, a xeito de farsa, sobre a carencia de comunicación nas relacións humanas. A estrea da ópera tivo lugar no Hecksher Theater de Nueva York o 18 de febreiro de 1947.

O sábado 1 de febreiro, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Luma Gómez

Luma Gómez presenta A tixola polo mango (Muller, non é para tanto), un monólogo gastronómico de consecuencias imprevisibles no que se sente a rabia feminina sen case que apreciala, sutilmente. A actriz mantén co público unha distancia prudente, pero íntima. Ela faise querer, é un ser aparentemente nobre, unha desas mulleres con ideas doutra época e das que todos temos algunha referencia persoal, ela podería ser aquela tía lonxana, a nosa curmá a solteirona, a nosa aboa ou mesmo a nosa nai.

O sábado 1 de febreiro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Santa Marta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Eondry & Vicky Polard

Noite de rock galego na Zona C. Dúas bandas, unha viguesa e unha compostelán, presentan os seus novos discos no ciclo Compostela Rock. Hyperborea é o título do primeiro EP de Eondry, agrupación de rock progresivo de Vigo, e Biolise é o nome que puxeron os composteláns Vicky Polard ao seu terceiro traballo discográfico.

O sábado 1 de febreiro, ás 20:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Kepa Junquera

Kepa Junquera, o músico euskaldún máis importante, influinte e internacional do momento, edita co selo galego Fol Música o proxecto máis ambicioso da sua carreira: un traballo discográfico rodeado das mellores formacións e artistas da actual escena tradicional de Galicia. Concerto incluído en Sons 2014.

O sábado 1 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: