Viernes 31 de octubre 2014

Axenda

Exposición "O Asorey descoñecido" no Pazo de Fonseca

A colaboración estable entre a Asociación Cultural Francisco Asorey e o Concello de Santiago de Compostela, conxuntamente coa Vicerreitoría de Extensión Cultural da Universidade de Santiago, fai posible a exposición O Asorey descoñecido. Esta proposta pretende homenaxear ao escultor galego Francisco Asorey, que foi un dos grandes artistas do século XX nun terreo onde non só destacou coa súa perfección técnica, senón tamén pola innovación en técnicas de policromía da madeira que nunca antes se utilizaran.

125 anos despois do seu nacemento, a crítica considera este artista como o máis grande escultor galego dende o Mestre Mateo e un dos escultores máis importantes do século XX en España. Con tal motivo preparouse esta exposición, que conta con vinte obras que percorren todas as épocas creativas, dende os 14 anos ata o ano do seu pasamento. Tamén se amosa unha boa compilación dos materiais que el utilizou: xeso, madeira, pedra, bronce…

Obras emblemáticas como o San Cristóbal, Cabaleiros Negros, Lo jondo ou o Busto da señora Hall integran este proxecto expositivo, xunto con outras que por primeira vez que se expoñen ao público. Tamén se incorporan fotografías de gran formato para deixar constancia do importante número de monumentos que Asorey realizou en moitas cidades e vilas galegas, así como noutros países de Sudamérica, ademais daquelas que xa se expuxeran hai tres anos e que pola súa importancia tiñan que formar parte desta mostra. Por outra parte, esta é unha nova ocasión para gozar coa exposición de fotografías de época de Ksado e materiais do artista como gubias, pinceis, libros de arte…

A exposición complétase cun vídeo explicativo da técnica creativa da policromía -utilizada por vez primeira por Asorey-, dous monitores táctiles dotados de software que axudan a comprender o traballo realizado polo artista e unha aplicación para dispositivos Android. O catálogo estará dispoñible en formato dixital en castelán, galego e inglés a través de códigos QR.

Do 1 ao 31 de outubro no Pazo de Fonseca.

Axenda

UKP. Ukelele Kit Project

Ukelele Kit Project é unha exposición colectiva e multidisciplinar na que participan perto de 30 creadores galegos – ou vencellados a Galicia - provenientes do mundo da arte, a música e o audiovisual; creadores que partindo dun obxecto físico concreto, puxeron a traballar a súa imaxinación para dar lugar a un proxecto diferente, orixinal e divertido que agora se presenta en formato exposición.

Ata o 7 de decembro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

X Semana Cultural da Rocha

Celébrase a X Semana Cultural da Rocha, desta vez dedicada ao mundo da fotografía, cun variado programa de actividades.

Do 24 ao 31 de outubro, no Local Sociocultural da Rocha.

Axenda

"Gold, green and black", mostra fotográfica sobre as cores da cidade

O Consorcio de Santiago presenta a exposición Gold, green and black no soto do Museo das Peregrinacións e de Santiago. A mostra reúne 60 fotografías que ilustran a gama de cores tan característica da cidade compostelá. Son imaxes dos fotógrafos galegos Alberte Peiteavel, Adolfo Enríquez e Tono Arias e da deseñadora Uqui Permui, directora da montaxe.

Ata o 31 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago. De martes a sábado, polas mañás de 10:00 a 14:00 horas e polas tardes de 17:00 a 21:00 horas (a partir do 1 de novembro comeza o horario de inverno, que pasa a ser de 16:00 a 20:00 horas). Os domingos o museo abre de 11:00 a 14:00 horas e os luns permanece pechado.

Axenda

"Os tesouros da illa de Granellandia"

O Consorcio de Santiago, en colaboración con El Patito Editorial, exhibe a exposición Os tesouros da illa de Granellandia na Fundación Granell. A mostra recolle as ilustracións do conto homónimo escrito por Francisco López-Barxas. Trátase de partes de obras do pintor surrealista galego Eugenio Granell ás que o deseñador Fausto Isorna engade ao protagonista desta historia.

Ata o 23 de novembro, na Fundación Granell.

Axenda

Exposición antolóxica de Miguelanxo Prado no Museo das Peregrinacións

O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial organizan a exposición Mar interior. Miguelanxo Prado, unha mostra antolóxica do debuxante galego, a primeira que se realiza en Galicia.

A exposición reúne 59 obras orixinais de toda a carreira de Miguelanxo Prado. Divídese en dúas partes. A sala grande do museo está dedicada ao mar, unha constante na traxectoria do artista e nela poden verse obras de De Profundis, Ardalén, Trazo de Tiza, xunto con distintas ilustracións que teñen en común esta temática. Nesta mesma sala móstranse ilustracións da cidade de Santiago de Compostela, pola que Prado sente unha especial debilidade. Ademais, en tres vitrinas recóllese unha selección das súas obras en distintas linguas, xa que é un dos autores galegos máis traducidos, ata a 17 idiomas.

Noutra sala pódese ver un compendio dos seus primeiros traballos no mundo do cómic e ilustracións que ten realizado para outros escritores galegos e de fóra. Neste espazo tamén se lle rende unha pequena homenaxe ao Xabarín, que Miguelanxo Pradou creou nos noventa. E proxéctase Os Vixilantes do Camiño, a serie de animación en 2D que produciu para a Televisión de Galicia en 1999, inspirada no Camiño de Santiago e que protagonizan os personaxes do Xabarín Club.

Ata o 31 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

Compostela Cine Classics 2014: "A bela e a besta", de Jean Cocteau

O xenero fantástico chega ao ciclo de proxeccións Compostela Cine Classics da man do cineasta francés Jean Cocteau, que filma A bela e a besta no ano 1946. Moncho Lemos, crítico cinematográfico da TVG e da Radio Galega falará desta longametraxe.

O venres 31 de outubro, ás 20:30 horas, na Sala Agustín Magán, no Centro Sociocultural de Santa Marta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Amantes", de Vicente Aranda

O Centro Dramático Nacional e Sandra Toral Producciones poñen en escena Amantes, de Vicente Aranda. Con Marta Belaustegui, Marc Clotet e Natalia Sánchez.

O venres 31 de outubro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: