Sábado 28 de septiembre 2013

Axenda

"Detenido (Al pie de la loma)", de Christian García Bello, na Zona C

Exposición Detenido (Al pie de la loma), de Christian García Bello, baseada no poemario En las orillas del Sar, de Rosalia de Castro. Comisariada por Candela Rajal, conta coa colaboración do Master de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC.

Ata o 29 de setembro, na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición "15 contos breves e extraordinarios" no Auditorio

15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove é unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade.

O proxecto xira en torno a relación e experiencia de persoas con discapacidade con pezas contemporáneas e os seus autores. Os 15 participantes interpretaron a tamaño real a obra dun artista galego.

Ata o 29 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Festival Internacional de Títeres: Galicreques 2013

Santiago acolle a XVIII edición do Festival Internacional de Titeres, Galicreques 2013.

Do 28 de setembro ao 6 de outubro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Ciclo de teatro "FEGATEA Móvete" na Sala Agustín Magán

A Asociación Comedias do Minho, de Verdoejo (Portugal) leva a escena Lisístrata, de Aristófanes. A obra, unha comedia para adultos, apoiase en antigos rituais onde se enfrontan homes e mulleres, nun mundo ao revés.

O sábado 28 de setembro, ás 19:00 horas, na Sala Agustín Magán, no Centro Sociocultural de Santa Marta.

Compartir: