Miércoles 25 de septiembre 2013

Axenda

Exposición de debuxo sobre as estatuas de Compostela

O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche acolle a exposición de debuxo Longa vida de pedra, producida polos alumnos da Escola de Arte Mareira e organizada por Mareiras Spazodarte. Esta mostra componse de bosquexos e debuxos dos alumnos da Escola sobre as estatuas de Compostela.

Do 4 ao 26 de setembro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche.

Axenda

"Detenido (Al pie de la loma)", de Christian García Bello, na Zona C

Exposición Detenido (Al pie de la loma), de Christian García Bello, baseada no poemario En las orillas del Sar, de Rosalia de Castro. Comisariada por Candela Rajal, conta coa colaboración do Master de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC.

Ata o 29 de setembro, na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición "15 contos breves e extraordinarios" no Auditorio

15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove é unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade.

O proxecto xira en torno a relación e experiencia de persoas con discapacidade con pezas contemporáneas e os seus autores. Os 15 participantes interpretaron a tamaño real a obra dun artista galego.

Ata o 29 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

III Festival Peregrinos Musicais

Terceira edición do Festival Internacional Peregrinos Musicais, unha oportunidade única para que os músicos noveis de Galicia poidan traballar conxuntamente cos mozos e mozas da Fundación Mstislav Rostropovich e da Fundación Vladimir Spivakov de Moscú.

Do 22 ao 27 de setembro, en varios espazos.

Compartir: