Sábado 21 de septiembre 2013

Axenda

Exposición de debuxo sobre as estatuas de Compostela

O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche acolle a exposición de debuxo Longa vida de pedra, producida polos alumnos da Escola de Arte Mareira e organizada por Mareiras Spazodarte. Esta mostra componse de bosquexos e debuxos dos alumnos da Escola sobre as estatuas de Compostela.

Do 4 ao 26 de setembro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche.

Axenda

"Detenido (Al pie de la loma)", de Christian García Bello, na Zona C

Exposición Detenido (Al pie de la loma), de Christian García Bello, baseada no poemario En las orillas del Sar, de Rosalia de Castro. Comisariada por Candela Rajal, conta coa colaboración do Master de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC.

Ata o 29 de setembro, na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición "15 contos breves e extraordinarios" no Auditorio

15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove é unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade.

O proxecto xira en torno a relación e experiencia de persoas con discapacidade con pezas contemporáneas e os seus autores. Os 15 participantes interpretaron a tamaño real a obra dun artista galego.

Ata o 29 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Torneo de rugby en homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois

O rugby español homenaxeará as vítimas do accidente ferroviario de Angrois. Será grazas a un torneo benéfico ao que acudirán xogadores procedentes de toda España, salientando a participación da Selección Española de Veteranos, España Classics.

O diñeiro recadado durante o torneo grazas á inscrición dos xogadores, á barra que se abrirá durante a competición no Estadio Universitario da USC e a un sorteo (que inclúe entradas para o VI Nacións 2014, noites de hotel e prendas deportivas cedidas por diversas empresas), será doado á Asociación de Prexudicados polo Accidente Ferroviario do Alvia de Santiago de Compostela (APAFAS).

O sábado 21 de setembro, a partir das 12:00 horas, no estadio de atletismo da USC.

Axenda

Cita co baile en Vite

Continúa a desenvolverse con éxito o programa Imos ao baile 2013, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. A próxima cita será o sábado 21 de setembro, no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite, co grupo Luzada.

O sábado 21 de setembro, ás 17:00 horas, no Centro Sociocultural de Vite.

Axenda

Ciclo de teatro "FEGATEA Móvete" na Sala Agustín Magán

O grupo Atrezo Teatro, representa a obra Eloxio da loucura, un drama para adultos sobre a reflexión da identidade.

O sábado 21 de setembro, ás 19:00 horas, na Sala Agustín Magán, no Centro Sociocultural de Santa Marta.

Axenda

"Mornings": un guateque global na Zona C de Bonaval

Blanca Cendán e Suso Alonso métense na pel dos Mornings, uns personaxes atípicos que viven, senten e interactúan co público dunha maneira peculiar… A Zona C acolle a estrea absoluta deste guateque global ao que nos convidan a asistir coas nosas mellores galas dos anos 60.

Do 19 ao 21 de setembro, ás 20:30, e o 22 de setembro, ás 19:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Pablo Guerrero

Lobos sin dueño, antoloxía personal, é o nome do triplo CD co que o trovador extremeño Pablo Guerrero conmemora os 40 anos A cántaros. Presenta este traballo en Compostela dentro do ciclo Íntimo & Acústico.

O sábado 21 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: