Martes 30 de julio 2013

Axenda

"Detenido (Al pie de la loma)", de Christian García Bello, na Zona C

Exposición Detenido (Al pie de la loma), de Christian García Bello, baseada no poemario En las orillas del Sar, de Rosalia de Castro. Comisariada por Candela Rajal, conta coa colaboración do Master de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC.

Ata o 29 de setembro, na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición "15 contos breves e extraordinarios" no Auditorio

15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove é unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade.

O proxecto xira en torno a relación e experiencia de persoas con discapacidade con pezas contemporáneas e os seus autores. Os 15 participantes interpretaron a tamaño real a obra dun artista galego.

Ata o 29 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Mostra pictórica sobre o Camiño no CSC de Vite

O CSC José Saramago de Vite acolle a exposición Camiño de Santiago da Pintura, do pintor Francisco Pérez Alonso. A exposición reúne as pinturas realizadas polo pintor natural de Toro (Zamora) con motivo da súa peregrinación a Santiago en agosto de 2012. Trátase dunha colección de láminas ao pastel.

No Centro Sociocultural de Vite, ata o 31 de xullo, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Compartir: