Domingo 6 de octubre 2013

Axenda

"Rúas de Compostela. De onte a hoxe", na Casa do Cabildo

Rúas de Compostela. De onte a hoxe é o título da nova exposición na Casa do Cabido, organizada polo Consorcio de Santiago, que propón un percorrido a través da historia e da evolución do rueiro, con informacións sobre a orixe dos seus nomes, a súa historia e os seus veciños. Tamén se inclúen mapas históricos da cidade e algunhas das antigas placas cos nomes das rúas que estiveron colocadas ata 1965.

A exposición conta coa colaboración do Ateneo de Santiago coa inclusión dun vídeo con fotografías antigas da cidade.

Ata o 30 de decembro de 2013, na Casa do Cabildo.
Martes a sábados: 10:00-14:00 e 16:00-20:00 h.
Domingos: 11:00-14:00 h.

Axenda

"Dalí e daquí", mostra de María Neira, Ángela Brea e Isabel Pazos

Dalí e daquí, amosa as últimas creacións das novas artistas María Neira Nogueiras, Ángela Brea Fernández e Isabel Pazos Pose. Partindo da pintura e abarcando outros ámbitos, o seu traballo baséase en amosar as diferentes perspectivas da súa percepción do ser humano.

As obras destas artistas representan as súas vivencias e experiencias persoais en lugares dispares, pero mantendo vínculos comúns.

Do 3 ao 30 de outubro, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Festival Internacional de Títeres: Galicreques 2013

Santiago acolle a XVIII edición do Festival Internacional de Titeres, Galicreques 2013.

Do 28 de setembro ao 6 de outubro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Touporroutou da lúa e do sol", de Roberto Vidal Bolaño

Teatro do Noroeste coproduce co Centro Dramático Galego, e en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, esta nova versión do texto que moitos especialistas na obra de Roberto Vidal Bolaño consideran como o de máis alta calidade escénica de todos os que escribiu para o público infantil.

Venres 4 outubro, ás 19:00 horas.
Sábado 5 e domingo 6 outubro, ás 18:00 horas.
Sábado 12 e domingo 13 de outubro, ás 18:00 horas.
Sábado 19 e domingo 20 de outubro, ás 18:00 horas.

Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Oiseau rebelle", por Funboa Escénica, no CSC de Santa Marta

Unha comedia na que o corazón no só se presenta como metáfora senón como músculo e como alimento. O azar, a dor, a soidade, o ideal, o primeiro amor, todas esas mentiras que aprendimos nas películas e telenovelas venezolanas.

O sábado 5 e o domingo 6 de outubro, no Centro Sociocultural de Santa Marta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: