Viernes 18 de octubre 2013

Axenda

"Rúas de Compostela. De onte a hoxe", na Casa do Cabildo

Rúas de Compostela. De onte a hoxe é o título da nova exposición na Casa do Cabido, organizada polo Consorcio de Santiago, que propón un percorrido a través da historia e da evolución do rueiro, con informacións sobre a orixe dos seus nomes, a súa historia e os seus veciños. Tamén se inclúen mapas históricos da cidade e algunhas das antigas placas cos nomes das rúas que estiveron colocadas ata 1965.

A exposición conta coa colaboración do Ateneo de Santiago coa inclusión dun vídeo con fotografías antigas da cidade.

Ata o 30 de decembro de 2013, na Casa do Cabildo.
Martes a sábados: 10:00-14:00 e 16:00-20:00 h.
Domingos: 11:00-14:00 h.

Axenda

"Dalí e daquí", mostra de María Neira, Ángela Brea e Isabel Pazos

Dalí e daquí, amosa as últimas creacións das novas artistas María Neira Nogueiras, Ángela Brea Fernández e Isabel Pazos Pose. Partindo da pintura e abarcando outros ámbitos, o seu traballo baséase en amosar as diferentes perspectivas da súa percepción do ser humano.

As obras destas artistas representan as súas vivencias e experiencias persoais en lugares dispares, pero mantendo vínculos comúns.

Do 3 ao 30 de outubro, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

"O bosquexo do mundo", no Auditorio

A exposición O bosquexo do mundo sérvese da ambigüidade e riqueza do termo "bosquexo" como proxecto ou apuntamento previo á execución dunha obra, e tamén como imaxe mental, como idea latente na mente do artista e no seu ámbito de traballo. Nun labor conxunto de investigación e diálogo cos artistas, os comisarios achegáronse a cada un dos talleres e lugares de produción, para seleccionar ou rescatar toda unha serie de materiais que son parte esencial da estrutura das obras, e que aportan novas lecturas e tamén novos interrogantes sobre a súa orixe e significados.

A selección abrangue varias xeracións, dende artistas que iniciaron a súa traxectoria nos anos oitenta, ata os máis novos, nacidos a principios desa mesma década, ou na inmediatamente anterior, nos 70. Autores que traballan nos máis variados ámbitos creativos, utilizando técnicas e materiais —debuxo, gravado, pintura, colaxe, escultura, fotografía, vídeo, instalación— que en ocasións funcionan como método de investigación, como soporte ou material de apoio para as obras.

A relación de 21 artistas que participan nesta exposición é a seguinte: Marta Bran (Melide, A Coruña, 1986); Berta Cáccamo (Vigo, 1963); Bosco Caride (Vigo, 1963); Rosendo Cid (Ourense, 1974); Tamara Feijoo (Ourense, 1982); Beatriz Lobo (Vigo, 1985); Juan Loeck (Santander, 1959); Rut Massó (Vigo, 1970); Din Matamoro (Vigo, 1958); Chelo Matesanz (Reinosa, Cantabria, 1964); Santiago Mayo (Tal, A Coruña, 1965); Tatiana Medal (A Coruña, 1971); Miguel Mosquera (Ourense, 1953); Doa Ocampo (Sober, Lugo, 1986); Kiko Pérez (Vigo, 1982); Ignacio Pérez-Jofre (Madrid, 1965); Isaac Pérez Vicente (O Rosal, Pontevedra, 1955); Juan Carlos Román (Bilbao, 1961); Teo Soriano (Mérida, Badaxoz, 1963); Tayone (Vigo, 1980) e Mauro Trastoy (Ferrol, 1971).

Ata febreiro de 2014, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Xornadas de Música Contemporánea

Segunda edición das Xornadas de Música Contemporánea, que teñen o obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea. Mantense a liña de traballo e colaboración institucional con que arrancou froito da iniciativa, coordinación e promoción da Universidade de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Concello de Santiago, e a quenes se sumaron as substanciais achegas do Consorcio de Santiago, da Fundación Cidade da Cultura e do Consorcio para a Promoción da Música da Coruña e as colaboracións de institucións pedagóxicas musicais da cidade como o Conservatorio Profesional de Música e a Escola Municipal de Música.

Músicos especialmente sensibles á difusión da música actual en Galicia como Florian Vlashi, Berta Fresco, Marcos Escobar, Jesús González, Mario Diz (responsable do Espazo de Cámara da USC), Anne Tooming, David Durán, etc., completan un calendario de concertos que coida especialmente o compoñente didáctico e educativo a través do seu programa A desTempo, que ten unha clara vocación de chegar a novos públicos e inclúe charlas preconcerto e un amplo programa de concertos familiares, escolares e didáctico.

Do 27 de setembro ao 31 de outubro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

"O país do Pato Donald", pola compañía Lagarta Lagarta

Estrea absoluta da compañía Lagarta Lagarta. O país do Pato Donald é unha reflexión profunda sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura que vive os seus últimos días a cabalo entre a realidade e as lembranzas dunha vida anterior moito máis rica e idealizada. Un espectáculo onde todos nos podemos identificar e no que todo sabe a "verdade".

Mércores 16 outubro, 20:30 h.
Xoves 17 outubro, 20:30 h.
Venres 18 outubro, 20:30 h.
Sábado 19 outubro, 20:30 h.
Domingo 20 outubro, 19:30 h.
Mércores 23 outubro, 20:30 h
Xoves 24 outubro, 20:30 h.
Venres 25 outubro, 20:30 h.
Sábado 26 outubro, 20:30 h.
Domingo 27 outubro, 19:30 h.

Na Zona C de Bonaval.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: