Jueves 10 de octubre 2013

Axenda

"Rúas de Compostela. De onte a hoxe", na Casa do Cabildo

Rúas de Compostela. De onte a hoxe é o título da nova exposición na Casa do Cabido, organizada polo Consorcio de Santiago, que propón un percorrido a través da historia e da evolución do rueiro, con informacións sobre a orixe dos seus nomes, a súa historia e os seus veciños. Tamén se inclúen mapas históricos da cidade e algunhas das antigas placas cos nomes das rúas que estiveron colocadas ata 1965.

A exposición conta coa colaboración do Ateneo de Santiago coa inclusión dun vídeo con fotografías antigas da cidade.

Ata o 30 de decembro de 2013, na Casa do Cabildo.
Martes a sábados: 10:00-14:00 e 16:00-20:00 h.
Domingos: 11:00-14:00 h.

Axenda

"Dalí e daquí", mostra de María Neira, Ángela Brea e Isabel Pazos

Dalí e daquí, amosa as últimas creacións das novas artistas María Neira Nogueiras, Ángela Brea Fernández e Isabel Pazos Pose. Partindo da pintura e abarcando outros ámbitos, o seu traballo baséase en amosar as diferentes perspectivas da súa percepción do ser humano.

As obras destas artistas representan as súas vivencias e experiencias persoais en lugares dispares, pero mantendo vínculos comúns.

Do 3 ao 30 de outubro, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

"[Retro]visor": poesía expandida

Un novo proxecto de poesía interdisciplinar de Antía Otero e Isaac Garabatos, que nos ofréce a posibilidade de sentir a experiencia poética a través da música, da palabra, do video, da acción-instalación artística, do Found Footage e do Live Cinema.

Do 10 ao 12 de outubro, ás 20:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Xornadas de Música Contemporánea

Segunda edición das Xornadas de Música Contemporánea, que teñen o obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea. Mantense a liña de traballo e colaboración institucional con que arrancou froito da iniciativa, coordinación e promoción da Universidade de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Concello de Santiago, e a quenes se sumaron as substanciais achegas do Consorcio de Santiago, da Fundación Cidade da Cultura e do Consorcio para a Promoción da Música da Coruña e as colaboracións de institucións pedagóxicas musicais da cidade como o Conservatorio Profesional de Música e a Escola Municipal de Música.

Músicos especialmente sensibles á difusión da música actual en Galicia como Florian Vlashi, Berta Fresco, Marcos Escobar, Jesús González, Mario Diz (responsable do Espazo de Cámara da USC), Anne Tooming, David Durán, etc., completan un calendario de concertos que coida especialmente o compoñente didáctico e educativo a través do seu programa A desTempo, que ten unha clara vocación de chegar a novos públicos e inclúe charlas preconcerto e un amplo programa de concertos familiares, escolares e didáctico.

Do 27 de setembro ao 31 de outubro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Concerto de Amesmalúa e Eliseo Parra no Sons Tránsitos

O Festival Sons Tránsitos trae ao Teatro Principal sete concertos en tres xornadas, de xoves a sábado. Na primeira xornada, Amesmalúa, unha proposta musical que fusiona a música galega co flamenco, presenta en Galicia o seu primeiro CD, La misma luna. Logo, Eliseo Parra, un dos principais representantes da música tradicional española, ofrecerá un concerto no que nos amosará o seu último traballo, Canciones tradicionales de La Rioja.

O xoves 10 de outubro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: