Viernes 8 de mayo 2009

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

"Pés quedos", os xogos de sempre nas Fontiñas

O Centro Sociocultural das Fontiñas proponse recuperar o xogos tradicionais cunha actividade de "Pés quedos". Nel, un neno cun balón di o nome doutro xogador que ten que coller a pelota mentres os outros nenos escapan. Cando a colle berra "pés quedos!" e o resto dos xogadores teñen que quedar sen moverse. Entón o que ten a pelota dá tres pasos e intenta darlle con ela a un compañeiro. Se acerta gaña.

O venres 8 de maio, ás 18:30 horas, no CSC das Fontiñas.

Axenda

A Real Filharmonía de Galicia interpreta a Bach e Mendelssohn baixo a batuta de Frans Brüggen

O mes de maio do programa de abono da Real Filharmonía de Galicia abre cun concerto vogal no que, baixo a dirección de Frans Brüggen, interpretarase unha cantata de Johan Sebastian Bach e a Sinfonía número 5 de Mendelssohn.

O venres 8 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: