Jueves 25 de marzo 2010

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

"Shakespeare para ignorantes", por Mofa e Befa

Quico Cadaval e Mofa e Befa mesturan nun mesmo espectáculo os conceptos de "ignorancia" (falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral) e "Sakespeare" (creador e produtor teatral de gran éxito no século XVII). Tras o éxito das representacións de Shakespeare para ignorantes en febreiro, dous novos pases.

O mércores 24 e o xoves 25 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Cristóbal Halffter celebra coa Real Filharmonía os seus 80 anos

Halffter é un dos máis destacados compositores clásicos e directores de orquestra españois da segunda metade do século XX. O 24 de marzo acada os 80 anos, e celebrarao un día despois coa Real Filharmonía de Galicia.

O xoves 25 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: