Sábado 13 de marzo 2010

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Xogamos co inglés

Actividade para achegar os cativos e cativas á lingua inglesa a través dos xogos. Forma parte do programa "Xogamos coas linguas", impartido por voluntariado europeo.

Os sábados 6, 13, 20 e 27 de marzo, ás 11:00 e 12:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo. Inscrición previa.

Axenda

Sábados creativos en Conxo

Os sábados creativos son unha oportunidade para que os nenos e nenas desenvolvan a súa expresividade a través das artes plásticas.

Os sábados 6, 13, 20 e 27 de marzo, ás 12:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo. É necesaria a inscrición previa.

Axenda

Conto musical "Animaladas"

Os profesores do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela representarn un conto musical que ten como finalidade amosar dun xeito lúdico aos nenos e ás familias a variedade de instrumentos existente no mundo da música clásica.

O conto, escrito por Elena López Felpeto, trata de cómo un grupo de animais (representados polos diferentes instrumentos musicais) acompañados pola fada Marcelina se poñen mans á obra nunha viaxe polo mundo para salvar as desfeitas no planeta causadas pola contaminación.

O sábado 13 de marzo, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Curso de danza renacentista para educadores de música

Do 12 ao 14 de marzo, a Escola Municipal de Música acolle este curso, que combina a práctica dalgunhas danzas concretas do período renacentista con explicacións teóricas para comprender o seu contexto histórico-artístico.

O curso vai dirixido a todo tipo de profesionais do ensino da música, así como a estudantes de calquera nivel ou ámbito relacionado co ensino musical. A profesora Eva Najeros fará un percorrido por cuestións como a retórica da música e do corpo e as danzas dos séculos XV e XVI. Todo isto complementado con contidos eminentemente prácticos. Os participantes aprenderán os pasos de danzas como A Bassadanza e as súas variantes, a danza italiana no século XV (O Ballo) ou a suite de Branles.

Do 12 ao 14 de marzo, na Escola Municipal de Música.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Roi Casal no ciclo Sons da Diversidade

Roi Casal recolle, revisa e redefine as lendas douradas da cultura galega no seu primeiro traballo en solitario, Lendas douradas, que presenta en directo no quinto concerto do ciclo 2009-2010 de Sons da Diversidade.

O sábado 13 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: