Jueves 11 de marzo 2010

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Artello Teatro Alla Scala 1:5 ofrece "Polgariño"

Na pequena cabana do bosque onde vive unha familia de leñadores avecíñanse dificultades: unha enfermidade impídelle ao pai ir traballar. Os pais queren manter os seus cinco fillos alleos a esta situación, mais Polgariño, o máis pequeno, é observador e advirte as desgrazas que ameazan os seus. Este é a historia de Polgariño, da que os máis novos poderán disfrutar nun Concerto Didáctico.

O mércores 10 e o xoves 11 de marzo, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Compartir: