Jueves 9 de junio 2016

Axenda

"A salto de mata", coloquio con Mireia Sentís na Zona C

Dentros dos encontros de cada mes na Zona "C" con diversos axentes do sector cultural, chega á cidade neste mes de xuño Mireia Sentís cun coloquio baixo o título "A salto de mata". Mireia Sentís é escritora e fotógrafa. Dende 1972 traballa entre Nova York, Barcelona e Madrid. Colaborou con diferentes institucións culturais e medios de prensa, radio e televisión, e comisariou exposicións. A partir de 1983 expón a súa obra fotográfica.

O xoves 9 de xuño, ás 20:00 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Mostra do Noveno Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Novena edición do Premio Auditorio de Galicia, unha convocatoria que testa a creación emerxente en Galicia achegándonos ás diferentes disciplinas nas que se moven os creadores, pintura, escultura, fotografía, performance, vídeo, instalacións. Foron cento trece os dossieres presentados e son coarenta os artistas que forman parte desta exposición.

Do 11 de marzo ao 18 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Airiños Aires, Rosalía", exposición fotográfica de Xurxo Lobato na Casa do Cabido

Airiños Aires, Rosalía é unha exposición de instantáneas na que o fotógrafo galego Xurxo Lobato rende homenaxe a Rosalía de Castro. Reúne un total de 50 imaxes en branco e negro, en gran formato (100 x 70 cm), acompañadas na súa maioría por fragmentos de poemas de Rosalía.

A mostra representa unha viaxe con Rosalía de Castro a través da singular ollada de Xurxo Lobato. As imaxes amosan os referentes espaciais máis relevantes da biografía da autora, xunto con aqueles que tan intensamente poetizou.

Na Casa do Cabido, ata finais do mes de xuño. Poderá visitarse no horario habitual, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas; e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido está pechada ao público.

Axenda

"As rúas contan que. Narrativas gráficas colectivas", intervención na Zona C de Bonaval

Tres colectivos relacionados co debuxo -Oficina Arará, Club del Dibujo e Botafumeiro- baixo o comisariado de Desirée Vidal Juncal, son os protagonisas da terceira das intervencións seleccionadas na modalidade de proxectos de comisariado para a Zona "C" e formando parte da convocatoria en artes visuais que nutre de programación este espazo multidisciplinar.

Do 27 de maio ao 24 de xullo, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: