Sábado 13 de febrero 2016

Axenda

"Henry Moore. Arte na rúa", exposición escultórica ao aire libre na praza do Obradoiro

Henry Moore (1898-1986) é un dos grandes mestres da escultura moderna. Nas décadas que seguiron á Segunda Guerra Mundial acadou sona en todos os sitios polos bronces monumentais expostos en espazos exteriores, cívicos e públicos de todo o mundo, de Escocia á beira do Mar Vermello, da escola secundaria da vila onde naceu, Castelford, en Inglaterra, á sede de Nacións Unidas en Nova York. A mostra está organizada pola Fundación "la Caixa" en colaboración con The Henry Moore Foundation.

Do 21 de xaneiro ao 28 de marzo, na praza do Obradoiro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"José Suárez. Uns ollos vivos que pensan", mostra fotográfica no Museo Centro Gaiás

O Museo Centro Gaiás acolle ata marzo de 2016 a mostra José Suárez. Un ollos vivos que pensan, a maior exposición realizada ata o de agora sobre un dos grandes nomes da fotografía do século XX, amosando todas as súas series, así como obxectos persoais e documentos da época.

Ata o 27 de marzo, no Museo Centro Gaiás.

Axenda

Intervención de Neves Seara na Zona "C" de Bonaval

A Zona "C", espazo de intervención, abre, coa intervención da artista Neves Seara, unha nova etapa resultado da Convocatoria 2016 Zona "C" Artes Visuais, dirixida a proxectos de intervención artística, proxectos de comisariado e comunicación gráfica. A intervención leva por título 73 líneas de horizonte (segunda carta a mi padre).

Do 10 de febreiro ao 27 de marzo, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

A Real Filharmonía de Galicia cos alumnos do Conservatorio Profesional de Santiago

A Real Filharmonía de Galicia e os alumnos do Conservatorio Profesional de Santiago, dirixidos polo mestre Diego García, interpretarán a Sinfonía nº 5 en Si bemol Maior, D.485, de F. Schubert. Concerto incluído na iniciativa Descubre unha orquestra para ti, a túa!.

O sábado 13 de febreiro, ás 18:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: