Viernes 15 de enero 2016

Axenda

"José Suárez. Uns ollos vivos que pensan", mostra fotográfica no Museo Centro Gaiás

O Museo Centro Gaiás acolle ata marzo de 2016 a mostra José Suárez. Un ollos vivos que pensan, a maior exposición realizada ata o de agora sobre un dos grandes nomes da fotografía do século XX, amosando todas as súas series, así como obxectos persoais e documentos da época.

Ata o 27 de marzo, no Museo Centro Gaiás.

Axenda

Exposición de postais antigas de Santiago do coleccionista Uxío de la Riva na Casa do Cabido

Baixo o título Unha ollada ao pasado, o Consorcio de Santiago, en colaboración co Museo do Pobo Galego, exhibe unha exposición de postais antigas da cidade do coleccionista compostelán Uxío de la Riva Pol, que as deposita no Museo do Pobo Galego en 1988. No seu conxunto son máis dun milleiro de postais, das cales se seleccionaron unhas 270.

Na Casa do Cabido, ata mediados de febreiro de 2016. A mostra pode visitarse no horario habitual, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas; e os domingos de 11:00 a 14:00 horas.

Axenda

"Xurdefeet (Jour de fête)", estrea do novo espectáculo de Berrobambán no Teatro Principal

Calquera día é bo para unha festa, aínda que a túa nai non queira que saias da casa, por se te mollas, por se te ensuxas, por se alguén te leva, por se non atopas o camiño de volta, por se… Unha muller, que foi nena hai algún tempo, volve ao patio da súa casa e lembra un día de festa no que descubriu que os animais tiñan preocupacións moi semellantes ás súas: non querían medrar nunha gaiola, non querían que os insultasen, non querían aburrirse, non querían xogar sen compañía.

O venres 15, ás 19:00 horas, e o sábado 16, ás 12:00 e 18:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: