Sábado 5 de septiembre 2015

Axenda

Vive o Verán 2015

Nova edición de Vive o Verán, o programa da Rede Municipal de Centro Socioculturais co que o Concello anima os composteláns a gozar do tempo libre destes meses de xuño, xullo, agosto e setembro nos parques e prazas da cidade e no entorno das parroquias. A iniciativa, dirixida a todos os públicos, comprende diversas propostas, algunhas xa habituais na programación anual dos centros socioculturais e outras totalmente novidosas.

Durante os meses de xuño, xullo e agosto en diversos espazos da cidade.

Axenda

Exposición "Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo"

Baixo o título Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de imaxes deste fotógrafo compostelán. Ambas mostras reúnen no seu conxunto máis dun centenar de fotografías de Ramón Sánchez Estalote (1908-2002), coñecido na cidade como "Moncho". Tanto na Casa do Cabido como no Museo do Pobo Galego pódese contemplar unha selección de imaxes vencelladas á peregrinación, a Catedral, o Mercado de Abastos e distintas estampas de Compostela; así como fotografías relacionadas cos oficios da época, como as leiteiras que viñan dos pobos próximos ou os feirantes.

A exposición do Museo do Pobo Galego poderá visitarse ata o mes de setembro, de martes a sábado de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas; os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns o museo permanece pechado.

Pola súa parte, a mostra da Casa do Cabido estará aberta ata novembro, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas (de 16:00 a 20:00 horas en inverno); e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido está pechada ao público.

Axenda

Mostra "Camiño. A Orixe"

Emprender unha viaxe que nos devolva ao minuto un, ao xermolo, á causa primixenia dun fenómeno histórico e cultural que perdura ata os nosos días: o da peregrinación. Este é o convite que realiza a Cidade da Cultura de Galicia coa exposición Camiño. A Orixe, un proxecto dirixido por María García-Alén e que presenta unha selección de 150 obras de arte e once intervencións artísticas que ofrecen unha visión contemporánea da ruta xacobea.

Ata o 13 de setembro, no Museo Centro Gaiás.

Axenda

A Banda Municipal de Música nas festas da Peregrina

A Banda Municipal de Música de Santiago ofrece habitualmente os seus concertos no Teatro Principal e, na temporada de verán, nas Pratarías ou Alameda pero tamén participa nas distintas celebracións festivas da cidade, entre elas nas de moitos barrios. Isto último faino co Ciclo de Concertos nas Festas de Barrio, co que se achega a diferentes lugares do concello para amenizar as festas dos veciños e veciñas. Nesta ocasión, estará na Peregrina.

O sábado 5 de setembro, ás 12:00 horas, no campo da festa da Peregrina.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Un novo tempo para a Catedral de Santiago", no Pazo de Xelmírez

O Pazo de Xelmírez, situado anexo á Catedral, é sede da exposición Un novo tempo para a Catedral de Santiago, ideada para difundir de xeito didáctico os traballos de restauración e recuperación que se están a desenvolver no conxunto catedralicio, en especial na fachada do Obradoiro. A mostra está organizada pola Fundación Catedral de Santiago e a Fundación Pecsa e ocupa diversos espazos de época medieval do Pazo de Xelmírez, entre eles a coñecida como Sala Manrique.

Ata o 31 de xaneiro de 2016, no Pazo de Xelmírez. O acceso á exposición realízase coa entrada do Museo Catedral de Santiago, en calquera das súas modalidades.

Compartir: