Lunes 31 de agosto 2015

Axenda

Exposición "Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo"

Baixo o título Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de imaxes deste fotógrafo compostelán. Ambas mostras reúnen no seu conxunto máis dun centenar de fotografías de Ramón Sánchez Estalote (1908-2002), coñecido na cidade como "Moncho". Tanto na Casa do Cabido como no Museo do Pobo Galego pódese contemplar unha selección de imaxes vencelladas á peregrinación, a Catedral, o Mercado de Abastos e distintas estampas de Compostela; así como fotografías relacionadas cos oficios da época, como as leiteiras que viñan dos pobos próximos ou os feirantes.

A exposición do Museo do Pobo Galego poderá visitarse ata o mes de setembro, de martes a sábado de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas; os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns o museo permanece pechado.

Pola súa parte, a mostra da Casa do Cabido estará aberta ata novembro, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas (de 16:00 a 20:00 horas en inverno); e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido está pechada ao público.

Axenda

Mostra "Camiño. A Orixe"

Emprender unha viaxe que nos devolva ao minuto un, ao xermolo, á causa primixenia dun fenómeno histórico e cultural que perdura ata os nosos días: o da peregrinación. Este é o convite que realiza a Cidade da Cultura de Galicia coa exposición Camiño. A Orixe, un proxecto dirixido por María García-Alén e que presenta unha selección de 150 obras de arte e once intervencións artísticas que ofrecen unha visión contemporánea da ruta xacobea.

Ata o 13 de setembro, no Museo Centro Gaiás.

Axenda

"Un novo tempo para a Catedral de Santiago", no Pazo de Xelmírez

O Pazo de Xelmírez, situado anexo á Catedral, é sede da exposición Un novo tempo para a Catedral de Santiago, ideada para difundir de xeito didáctico os traballos de restauración e recuperación que se están a desenvolver no conxunto catedralicio, en especial na fachada do Obradoiro. A mostra está organizada pola Fundación Catedral de Santiago e a Fundación Pecsa e ocupa diversos espazos de época medieval do Pazo de Xelmírez, entre eles a coñecida como Sala Manrique.

Ata o 31 de xaneiro de 2016, no Pazo de Xelmírez. O acceso á exposición realízase coa entrada do Museo Catedral de Santiago, en calquera das súas modalidades.

Compartir: