Miércoles 4 de noviembre 2015

Axenda

Exposición "Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo"

Baixo o título Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de imaxes deste fotógrafo compostelán. Ambas mostras reúnen no seu conxunto máis dun centenar de fotografías de Ramón Sánchez Estalote (1908-2002), coñecido na cidade como "Moncho". Tanto na Casa do Cabido como no Museo do Pobo Galego pódese contemplar unha selección de imaxes vencelladas á peregrinación, a Catedral, o Mercado de Abastos e distintas estampas de Compostela; así como fotografías relacionadas cos oficios da época, como as leiteiras que viñan dos pobos próximos ou os feirantes.

A exposición do Museo do Pobo Galego poderá visitarse ata o mes de setembro, de martes a sábado de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas; os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns o museo permanece pechado.

Pola súa parte, a mostra da Casa do Cabido estará aberta ata novembro, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas (de 16:00 a 20:00 horas en inverno); e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido está pechada ao público.

Axenda

"Amparo Segarra. Aracne", mostra na Fundación Granell

Esta exposición, comisariada por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación, resalta unha das facetas máis descoñecidas da artista, o seu especial vinculación co mundo da moda. Neste sentido, a roupa terá un apartado especial, con pezas persoais ou elaboradas pola artista, ademais de completarse con dúas obras realizadas coa técnica de collage.

Ata o 2 de decembro, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

Exposición "20 formas de cambiar o mundo"

A exposición 20 formas de cambiar o mundo, comisariada por Eduardo Valiña, toma como punto de partida as importantes coleccións que conforman os fondos do museo, establecendo un percorrido a través do diálogo, por unha banda entre a colección surrealista e a colección étnica e por outra entre a colección Philip West e Eugenio Granell. A mostra complétase coas obras doutros creadores contemporáneos que forman parte de coleccións privadas.

Ata o 2 de decembro, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Un novo tempo para a Catedral de Santiago", no Pazo de Xelmírez

O Pazo de Xelmírez, situado anexo á Catedral, é sede da exposición Un novo tempo para a Catedral de Santiago, ideada para difundir de xeito didáctico os traballos de restauración e recuperación que se están a desenvolver no conxunto catedralicio, en especial na fachada do Obradoiro. A mostra está organizada pola Fundación Catedral de Santiago e a Fundación Pecsa e ocupa diversos espazos de época medieval do Pazo de Xelmírez, entre eles a coñecida como Sala Manrique.

Ata o 31 de xaneiro de 2016, no Pazo de Xelmírez. O acceso á exposición realízase coa entrada do Museo Catedral de Santiago, en calquera das súas modalidades.

Compartir: