Jueves 12 de noviembre 2015

Axenda

"Amparo Segarra. Aracne", mostra na Fundación Granell

Esta exposición, comisariada por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación, resalta unha das facetas máis descoñecidas da artista, o seu especial vinculación co mundo da moda. Neste sentido, a roupa terá un apartado especial, con pezas persoais ou elaboradas pola artista, ademais de completarse con dúas obras realizadas coa técnica de collage.

Ata o 2 de decembro, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

Exposición "20 formas de cambiar o mundo"

A exposición 20 formas de cambiar o mundo, comisariada por Eduardo Valiña, toma como punto de partida as importantes coleccións que conforman os fondos do museo, establecendo un percorrido a través do diálogo, por unha banda entre a colección surrealista e a colección étnica e por outra entre a colección Philip West e Eugenio Granell. A mostra complétase coas obras doutros creadores contemporáneos que forman parte de coleccións privadas.

Ata o 2 de decembro, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

Cineuropa

Cineuropa celebra neste 2015 a súa 29ª edición, con proxeccións en distintas salas, concertos e actividades complementarias.

Do 6 ao 29 de novembro, en varias salas de proxeccións.

Axenda

"Un novo tempo para a Catedral de Santiago", no Pazo de Xelmírez

O Pazo de Xelmírez, situado anexo á Catedral, é sede da exposición Un novo tempo para a Catedral de Santiago, ideada para difundir de xeito didáctico os traballos de restauración e recuperación que se están a desenvolver no conxunto catedralicio, en especial na fachada do Obradoiro. A mostra está organizada pola Fundación Catedral de Santiago e a Fundación Pecsa e ocupa diversos espazos de época medieval do Pazo de Xelmírez, entre eles a coñecida como Sala Manrique.

Ata o 31 de xaneiro de 2016, no Pazo de Xelmírez. O acceso á exposición realízase coa entrada do Museo Catedral de Santiago, en calquera das súas modalidades.

Axenda

Santiago(é)Tapas

Todos os amantes da boa cociña, e en particular das tapas, poden gozar, dende o xoves 12 ao domingo 29 de novembro, das mellores tapas en Santiago de Compostela.

A cidade acolle o VIII Concurso de Tapas Santiago(é)Tapas, unha iniciativa que ten a finalidade de promover a nosa gastronomía a través destes pequenos pero exquisitos pratos.

O público pode votar a súa tapa favorita nos pousavasos especiais do concurso que lle serán entregados coa consumición. Unha vez cubertos, hai que depositalos nas urnas do concurso presentes en todos os restaurantes e bares participantes.

Do 12 ao 29 de novembro.

Axenda

"A muller lixeira", banda sonora en Cineuropa

A partitura orquestral de Carl Davis A woman of affairs' (A muller lixeira), será interpretada pola Real Filharmonía de Galicia. Diego Masson dirixirá a orquestra mentras se proxecta a película que homenaxea a Greta Garbo no 25 aniversario da súa morte.

O xoves 12 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: