Jueves 17 de marzo 2011

Axenda

Korda: Coñecido Descoñecido

Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.

Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de Carolina Caluori: "Give me your picture..."

Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....

Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".

Axenda

"A memoria da xente" en Fontiñas

A exposición A memoria da xente segue a súa andaina polos barrios composteláns no CSC das Fontiñas. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.

Do 15 ao 30 de marzo, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Mostra sobre o álbum ilustrado danés

A Embaixada de Dinamarca e o Instituto Danés das Artes presentan na Fundación Granell unha exposición retrospectiva sobre O album ilustrado danés.

Do 2 ao 26 de marzo, na Fundación Granell (Pazo de Bendaña).

Axenda

Concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia

Maximino Zumalave dirixe a Real Filharmonía de Galicia nun novo concerto didáctico, titulado O século XX mira ao pasado.

O martes 15, o mércores 16 e o xoves 17 de marzo, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Mostra con motivo do 50 aniversario da Agrupación Cultural O Galo

A Agrupación Cultural O Galo celebra o seu 50 aniversario e para celebralo, a Fundación 10 de Marzo coa colaboración da Concellaría de Cultura e da propia Agrupación preparou unha exposición sobre a súa historia. A mostra, baixo o título A primeira década do canto do galo, xira arredor dos primeiros 10 anos de traxectoria da agrupación.

Do 15 de marzo ao 19 de abril, no local do Galo (praza de San Miguel, 5-baixo), en horario de 18:30 a 21:00 horas.

Axenda

"Métanse nos seus asuntos" pola Compañía Nuria Sotelo

Métanse nos seus asuntos é o primeiro espectáculo da Compañía Nuria Sotelo, un solo interpretado pola bailarina homónima e dirixido e coreografado por Ana Vallés. Nova entrega do programa SCQ Danza.

O xoves 17 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal

Compartir: