Jueves 2 de junio 2016

Axenda

"Polovstian dances" pola Banda Municipal de Música

Como todos os xoves, dentro do ciclo de verán, a Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida polo mestre Casiano Mouriño, ofrece un concerto en Praterías. O programa deste concerto inclúe as Polovstian dances de A. Borodin.

O xoves 2 de xuño, ás 20:00 horas, na praza das Praterías.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

A gaiteira Cristina Pato no último concerto da temporada da Real Filharmonía de Galicia

Cristina Pato á gaita e Esther Viúdez ao corno inglés, baixo a batuta de Paul Daniel, pechan a temporada de abono no Auditorio de Galicia e tamén é o último Conversando con..., onde público e interpretes poden intercambiar impresións antes do inicio do concerto.

O xoves 2 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Real Filharmonía de Galicia. 20 anos contigo", dobre mostra na Casa do Cabido e no Auditorio de Galicia

Baixo o título Real Filharmonía de Galicia. 20 anos contigo, o Consorcio de Santiago, organismo que xestiona a RFG, promove dúas exposicións conmemorativas dos vinte anos de traxectoria da orquestra, unha na Casa do Cabido e outra no Auditorio de Galicia.

A exposición da Casa do Cabido divídese en cinco escenarios diferentes. Na entreplanta proxéctanse vídeos antigos da Real Filharmonía de Galicia, ao tempo que se escoita a música do CD que se editou en 2006 con motivo do 10º aniversario da orquestra. Hai un espazo habilitado con sillas para os que desexen gozar da música de xeito repousado.

Outro dos espazos está dedicado aos primeiros concertos da RFG e nel recóllense fotografías históricas da orquestra, que pertencen ao Arquivo do Auditorio de Galicia. Noutro destácanse instantáneas dos escenarios máis importantes nos que actuou, entre eles o Teatro Nacional, o Palau de la Música Catalana, o Palacio Euskalduna de Bilbao, a Praza da Quintana ou a Cidade da Cultura, entre outros.

As salas superiores están centradas na orquestra na actualidade, a través de dúas reportaxes fotográficas, unha do fotógrafo Xaime Cortizo e outra do músico Luís Soto, frautista da RFG dende a súa creación, moi afeccionado á fotografía e que ten ilustrado os grandes momentos da orquestra. A reportaxe de Soto aporta a nota máis "moderna" á exposición, cunha selección dos milleiros de instantáneas que ten da RFG. Ademais, pode verse o primeiro traxe que vestían as compoñentes femininas da orquestra fai vinte anos.

No Auditorio de Galicia exhíbense preto de 20 fotografías de Luís Soto a gran tamaño. Estas imaxes reflicten a época máis actual da agrupación.

A exposición da Casa do Cabido poderá percorrerse ata mediados de abril, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns o museo permanece pechado. Pola súa parte, a mostra do Auditorio de Galicia pode visitarse ata o final da temporada da orquestra, no mes de xuño, de luns a domingo, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Mostra do Noveno Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Novena edición do Premio Auditorio de Galicia, unha convocatoria que testa a creación emerxente en Galicia achegándonos ás diferentes disciplinas nas que se moven os creadores, pintura, escultura, fotografía, performance, vídeo, instalacións. Foron cento trece os dossieres presentados e son coarenta os artistas que forman parte desta exposición.

Do 11 de marzo ao 18 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Airiños Aires, Rosalía", exposición fotográfica de Xurxo Lobato na Casa do Cabido

Airiños Aires, Rosalía é unha exposición de instantáneas na que o fotógrafo galego Xurxo Lobato rende homenaxe a Rosalía de Castro. Reúne un total de 50 imaxes en branco e negro, en gran formato (100 x 70 cm), acompañadas na súa maioría por fragmentos de poemas de Rosalía.

A mostra representa unha viaxe con Rosalía de Castro a través da singular ollada de Xurxo Lobato. As imaxes amosan os referentes espaciais máis relevantes da biografía da autora, xunto con aqueles que tan intensamente poetizou.

Na Casa do Cabido, ata finais do mes de xuño. Poderá visitarse no horario habitual, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas; e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido está pechada ao público.

Axenda

"As rúas contan que. Narrativas gráficas colectivas", intervención na Zona C de Bonaval

Tres colectivos relacionados co debuxo -Oficina Arará, Club del Dibujo e Botafumeiro- baixo o comisariado de Desirée Vidal Juncal, son os protagonisas da terceira das intervencións seleccionadas na modalidade de proxectos de comisariado para a Zona "C" e formando parte da convocatoria en artes visuais que nutre de programación este espazo multidisciplinar.

Do 27 de maio ao 24 de xullo, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: