Martes 14 de junio 2016

Axenda

"Os bicos dos refuxiados", mostra fotográfica de Gabriel Tizón en gran formato, na praza Roxa

Os bicos dos refuxiados é o novo proxecto fotográfico de Gabriel Tizón. É unha ampliación da mostra Refuxiados sen camiño e pretende achegar ás persoas e dar outro enfoque a este drama, a través de 18 fotografías impresas en lona para exterior.

Durante o mes de xuño, na praza Roxa

Axenda

11ª Mostra Internacional de Cine Etnográfico do 13 ao 18 de xuño

Celébrase en Compostela a 11ª Mostra Internacional de Cine Etnográfico Museo do Pobo Galego. En total proxectaránse 20 filmes seleccionados de entre os 142 que chegaron á sección concurso.

Do 13 ao 18 de xuño, con proxeccións no Teatro Principal, Salón Teatro e Museo do Pobo Galego.

Axenda

Mostra do Noveno Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Novena edición do Premio Auditorio de Galicia, unha convocatoria que testa a creación emerxente en Galicia achegándonos ás diferentes disciplinas nas que se moven os creadores, pintura, escultura, fotografía, performance, vídeo, instalacións. Foron cento trece os dossieres presentados e son coarenta os artistas que forman parte desta exposición.

Do 11 de marzo ao 18 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Refuxiados sen camiño", exposición do fotoxornalista Gabriel Tizón no centro comecial Área Central

O centro comercial Área Central acolle a exposición Refuxiados sen camiño, do fotoxornalista Gabriel Tizón. Son 22 paneis de gran formato (aproximadamente 2 metros) que amosan 80 fotografías de Gabriel Tizón durante o seu traballo nos campamentos de refuxiados de Idomeni (Turquía).

Durante o mes de xuño, en Área Central.

Axenda

"Airiños Aires, Rosalía", exposición fotográfica de Xurxo Lobato na Casa do Cabido

Airiños Aires, Rosalía é unha exposición de instantáneas na que o fotógrafo galego Xurxo Lobato rende homenaxe a Rosalía de Castro. Reúne un total de 50 imaxes en branco e negro, en gran formato (100 x 70 cm), acompañadas na súa maioría por fragmentos de poemas de Rosalía.

A mostra representa unha viaxe con Rosalía de Castro a través da singular ollada de Xurxo Lobato. As imaxes amosan os referentes espaciais máis relevantes da biografía da autora, xunto con aqueles que tan intensamente poetizou.

Na Casa do Cabido, ata finais do mes de xuño. Poderá visitarse no horario habitual, de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas; e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido está pechada ao público.

Axenda

"As rúas contan que. Narrativas gráficas colectivas", intervención na Zona C de Bonaval

Tres colectivos relacionados co debuxo -Oficina Arará, Club del Dibujo e Botafumeiro- baixo o comisariado de Desirée Vidal Juncal, son os protagonisas da terceira das intervencións seleccionadas na modalidade de proxectos de comisariado para a Zona "C" e formando parte da convocatoria en artes visuais que nutre de programación este espazo multidisciplinar.

Do 27 de maio ao 24 de xullo, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: